Galicia Informativos Magazine Galicia 13:40 - 15/05/2615/05/2026

Magazine Galicia 13:40 - 15/05/26

15 de maio, e neve nas cotas mais altas da Comunidade. Varias localidades quedaron esta noite por debaixo dos 5 graos, e as máximas arestora non pasan de 17 ou 18 graos, iso no sur. Estes días aínda hai que rescatar algunha peza de roupa do inverno...O domingo empezarán a subir algo as máximas, pero as mínimas van seguir por debaixo dos 10 graos.

Hoxe estamos pendentes do conflicto do metal nas provincias de Pontevedra e A Coruña, no primeiro caso, coa patronal e os sindicatos reunidos, na Coruña, a parte social amplía a mais días a convocatoria de folga. E as administracións volven a falar co dirección de Alcoa e cos traballadores sobre o plan de viabilidade.

Estamos as portas dunha fin de semana na que celebramos as Letras Galegas e na que Santiago acollerá unha nova manifestación en defensa do galego.

Galicia Informativos
Más opciones