Galicia Informativos Magazine Galicia 13:40 - 09/04/2609/04/2026

Magazine Galicia 13:40 - 09/04/26

Xornada de reaccións ás propostas que deixaba o presidente onte no debate do estado da autonomía, que seguirá mañá, con algo de polémica polo plan para controlar as baixas médicas, especialmente as leves relacionadas coa saúde mental. Non caeu moi ben a proposta na oposición.

Todo nun xoves con presenza en Galicia de varios ministros, a de Traballo, Yolanda Díaz na Coruña; o de Transformación Dixital, Óscar López, en Compostela; unha xornada ademais na que Stellantis Vigo é noticia, neste caso por aumento de carga de traballo coa ampliación da produción na rama dos Peugeot.

E a mañá deixa unha nova importante para a fotografía galega: o ourensán Brais Lorenzo é un dos premiados nos World Press Photo

Galicia Informativos
Más opciones