Galicia Informativos Informativo OUrense 8.45 - 30/06/2630/06/2026

Noticias de Ourense. Novas de Ourense en Radio 5

A cidade de Ourense revive, por un momento, o apagamento xeral do 2025. Durante a pasada noite gran parte da cidade quedaba sen sumistro eléctrico deixando aos veciños ata 17 minutos sen luz.

Case dúas semanas despois das riadas que arrasaron aldeas como A Bouza, os veciños ven por fin unha saída a súa situación. Tras un acordo de última hora no día de onte, comezarán xa as labores de desentullo e limpeza, como un primeiro paso cara a recuperación das zonas máis castigadas polo temporal.

E no noso tempo de entrevista, facemos balance do traballo da Cruz Vermella da man do seu presidente provincial, Felipe Ferreiro. Se no 2025 a institución atendeu a máis de 14.000 persoas, as cifras en 2026 van camiño de ser semellantes ou piores. Coa vista posta en Venezuela, as enxurradas de Viana do Bolo e Vilamartín de Valdeorras, os incendios de Boborás ou o proceso de regularización de inmigrantes, os voluntarios da Cruz Vermella na provincia non deixan de traballar para chegar ata quen máis o precisa.

Galicia Informativos
Más opciones