Galicia Informativos Informativo OUrense 8.45 - 29/06/2629/06/2026

Noticias de Ourense. Novas de Ourense en Radio 5

En Ourense sucédense as reaccións políticas á decisión da Audiencia Provincial de arquivar o caso por presunta prevaricación de Gonzalo Pérez Jácome. Os partidos políticos aseguran que será a veciñanza da cidade a que decida botar ou gardar ó alcalde de Democracia Ourensana.

Os concellos afectados polas enxurradas están convocados hoxe en Santiago para decidir coas administración o dispositivo necesario para limpar e reconstruir as zonas afectadas damnificadas do leste da provincia despois dunha fin de sema na que as veciñas e veciños saíron á rúa pra pedir celeridade ó goberno autonómico.

E no noso tempo de entrevista, falamos hoxe con Rosa Cid Galante, comisaria da exposición    Presas e Mestras que abriu as portas esta fin de semana en Celanova. Un proxecto que pon no foco os nomes e as historias de dúcias de mulleres represaliadas polo franquismo e ocultas durante case 90 anos.

Galicia Informativos
Más opciones