Noticias de Ourense. Novas de Ourense en Radio 5
Continúa a xornada de folga médica, falaremos tamén cos traballadores de Forvia da incerteza do futuro desta planta automobilística que cambia de mans, e das consecuencias do pedrazo destes días que está a ter nos viñedos do ribeiro.
Ademáis a Asociación Galega de Soutos pide que a partir de agora a castaña sexa considerada froita, e non froito seco, saberemos nun anaco porqué o fan.
E no tempo da entrevista O Consello Superior de Investigacións Científicas pon en marcha un proxecto de ciencia cidadá que quere facer un seguimento a longo prazo das comunidades de nas zonas afectadas polos grandes incendios forestais acontecidos o pasado verán en Galicia. Falaremos con Adrián Regos do Grupo Ecoloxía da Paisaxe da Misión Biolóxica de Galicia.