Galicia Informativos Informativo OUrense 8.45 - 19/05/2619/05/2026

Noticias de Ourense. Novas de Ourense en Radio 5

Despois de cancelar o pleno municipal extraordinario de onte para debater e votar o orzamento para a cidade Ourense no 2026, hoxe está convocada finalmente unha comisión de pleno con mesmo obxectivo. A debate estará o proxecto de orzamento do goberno local duns 128 millóns de euros. O BNG esixiu o documento de intervención xeral que garante a solvencia do orzamento, os populares pediron diálogo e presentaron enmendas de corte social ao igual que os socialistas.

E os socialistas ourensáns por boca da deputada Eva Gómez Camote, presentou onte diante do Hospital de Verín unha moción para o pleno de maio da Deputación. Esixen que a recuperación dos servizos sanitarios eliminados en Verín e pide á deputación que inste a Xunta a restauralos canto antes. A resposta do Sergas non se fizo esperar asegurando que se está a traballar nese senso.

O Festival Internacional de Xardíns de Allariz reúne de novo a paisaxistas de todo o mundo, e este ano baixo o lema "Xardíns da Liberdade". É unha das citas máis agardadas por veciños, curiosos e amantes da natureza. Por iso, no noso tempo de entrevista, falamos hoxe coa alcaldesa de Allariz Cristina Cid sobre esta nova edición que acaba de comezar.

Galicia Informativos
Más opciones