Galicia InformativosInformativo OUrense 8.45 - 18/06/2618/06/2026
Noticias de Ourense. Novas de Ourense en Radio 5
A Actualidade do día ven marcada polas chuvias e as tormentas deixaron onte pola tarde un escenario de caos e catástrofe en varios puntos do leste da provincia de Ourense, dende Verín ata o Barco de Valdeorras. Viana do Bolo é a zona cero da catástrofe e o seu alcalde, German García-Avila pide axuda a todas as administracións.
E no tempo da entrevista familiares das menores do Instituto Xulio Prieto Nespereira sacan a luz os presuntos casos de acoso que se están a vivir no centro. Casos denunciados dende hai semanas polo colectivo Marcha Mundial das Mulleres que reclaman que Inspección educativa tomen medias no asunto.