Noticias de Ourense. Novas de Ourense en Radio 5
O incendio na Casa de Baños de Outeiro o pasado venres desatou unha vaga de protestas contra o goberno local por parte de todos os partidos políticos do concello. Todos esixen explicacións ao alcalde xa que o edificio é de titularidade municipal e piden que se deseñe un plan para recuperar o antes posible un dos elementos máis importantes da historia termal da cidade de Ourense.O Bloque Nacionalista Galego pide ao goberno do Estado investigar a actuación das compañías de telecomunicacións após o apagamento dixital en Xinzo e Verín e exixe indemnizacións. O corte de telecomunicacións deixou sen servizos básicos a milleiros de persoas durante case 24 horas o pasado 7 de maio.E como hoxe é do Día Internacional dos Museos, no tempo da entrevista falamos con Xosé Luís Foso, director da escola de gaitas de Ourense e tamén do Museo Internacional da Cornamusa. Un espazo onde se atopa unha das coleccións máis importantes de gaitas, que permite observar a súa evolución morfolóxica e tímbrica.