Noticias de Ourense. Novas de Ourense en Radio 5
- Segunda xornada de folga médica, cun seguimento elevado, o 25% dos facultativos segundo o sergas e o 80% segundo os sindicatos convocantes.
- En Ourense van ser construídas 1435 vivendas no barrio do Vinteún, onte no consello da xunta déronse os primeiros pasos para a súa tramitación.
- Falaremos tamén da figura de María Luz Morales, xornalista pioneira na época da guerra civil, editora de Vicente Risco e Pura Vázquez e crítica de cine. Hai unha mostra aberta estes días sobre ela no Arquivo Histórico Provincial.
- Esta fin de semana unha manifestación convocada en toda españa pedía "deter a guerra de Oriente Medio e Non esquecer a Gaza". o foco informativo apunta cara outros conflitos bélicos, pero o colexio medico de ourense insiste en denunciar a situación delicadísima das ongs humanitarias que están a ser expulsadas dese territorio. Conversamos con José Luís Jiménez, vicepresidente do colexio médico que é coñecedor da situación sobre o terreo.