Noticias de Ourense. Novas de Ourense en Radio 5
En Ribadavia, os traballadores da empresa de automoción Rubi maniféstanse hoxe para rexeitar os despidos de dúas mulleres. Despidos que a CIG cualifica de represivos xa que tiveron lugar durante as eleccións sindicais. Haberá concentración diante do edificio da compañía e despois unha marcha ata o Concello.
Na cidade de Ourense, as traballadoras e os traballadores do sector téxtil volveron saír a rúa onte para denunciar o pre acordo firmado pola súa patronal cos sindicatos Comisións Obreiras e FITECO para a modificacion dos convenios provinciais. Desde Ourense pídese que as negociacións se leven a cabo a nivel autonómico en non en Madrid.
No eido municipal, onte remataba o prazo para presentar enmendas ao orzamento do concello. O BNG pide a devolución ao non contar o orzamento co informe de intervención que garante a súa solvencia e o PP presentou enmendas centradas no eixo social.
E No tempo da entrevista: A asociación tourette galicia traballa na visibilizacion dunha doenza que non sempre é ben recoñecida e ben diagnosticada. Carmen Domínguez é a a presidenta desta asociación que naceu en Ourense pero representa a doentes de toda a comunidade.