Noticias de Ourense Novas de Ourense en R5
A Comarca de Monterrei mobilízase en prol da Sanidade Pública. A poboación e os profesionais sanitarios están chamados a concentrarse este mediodía diante do Hopital Comarcal de Verín para reclamar a recuperación e a mellora de servizos. Denuncian que hai especialidades con listas de agarda que chegan aos 4 anos e que outros servizos poden desaparecer como é o caso da hospitalización a domicilio.
O futuro Centro Integral de Saúde Novoa Santos de Ourense chega ao parlamento galego da man do BNG. Mentres que os veciños denuncian que o proxecto, tal e como está plantexado, atenta contra a planificación urbanística e os intereses dos residentes da zona; os nacionalistas ven escandalosa a paralización que sofre o CIS da cidade cando os de Lugo, Lalín ou Vigo xa están traballando a pleno rendemento.
E no noso tempo de entrevista falamos hoxe co mestre José Gago do seu 'Tai-chi na rúa' que, como cada verán, e xa van 42, xunta a dúcias de persoas no Xardín do Posío en Ourense para conectar corpo e mente.