Galicia Informativos Informativo Galicia 7:45 - 19/06/2619/06/2026

Informativo Galicia 7:45 - 19/06/26

Moitas aldeas de Ourense tardarán días en recuperarse dos efectos das riadas deste mércores. Algunhas quedaron cubertas con lama, pedras, polas e árbores. Viana do Bolo ou Vilamartín de Valdeorras foron os concellos máis afectados. A falta de cuberta vexetal nos montes polos incendios foi determinante.

A fiscalía considera que o traslado de dous maxistrados da sección que tiña paralizados ducias de proxectos eólicos non se fixo con criterios obxectivos e precisos.

E decretada prisión para o home detido tras estar fuxido despois de agredir a súa exparella.

O tempo. De novo con dúas área mmoi diferenciadas. As comarcas costeiras con neboas e temperaturas que non pasarán dos 24 ou 25 graos; e o interior, de novo por riba dos 30

Galicia Informativos
Más opciones