Informativo Galicia 7:45 - 18/05/26
Empeza outra semana de folga dos médicos para demandar un estatuto propio, pero con rivindicacións tamén en Galicia do sindicato "Simega". SIMEGA demándalle á Consellería o desenvolvemento integral do novo modelo de Atención Primaria.
Este domingo milleiros de persoas volveron mobilizarse en Santiago pra pedir cambios que freen a situación de emerxencia do galego. No día das letras galegas, co acto central de homenaxe a Begoña Caamaño.
A fin de semana déixanos outra víctima nas estradas. Un mozo de 24 anos perdeu a vida tras sunha saída de Vigo. A cuarta víctima mortal nunha semana.
Deportes. o Celta asegura unha praza en europa a vindeira campaña tras empatar en Bilbao. O Deportivo pode selar o ascenso a primeiro se gaña o vindeiro domingo en Valladolid.
O tempo.
Co vance do día irase cubrindo o ceo e chegarán as chuvias que se estenderan a toda a Comunidade pola tarde.
Noite fría.