Informativo Galicia 7:45 - 16/06/26
Os incendios destes días xa levan queimadas 600 hectáreas: está activo o que se declarou onte á tarde no concello lugués de Xermade. Ante as críticas, a Xunta defende o labor de prevención realizado.
Afirmacións despois do Consello da Xunta que aprobou un proxecto de reforma das probas de acceso á universidade. Os médicos, que seguen en folga, ameazan con face-la indefinida en setembro. Hoxe nova xornada no sector do metal da provincia da Coruña.
E, novo accidente con maquinaria agrícola.
Un home faleceu este luns no concello coruñés de Carballo tras sufrir un accidente co tractor.
Deportes. Celebración entre a comunidade de caboverdianos de Burela polo empate da súa selección contra España.
O tempo. Continuará a inestabilidade atmosférica con brétemas costeiras e nubes de evolución no interior que poden deixar algún chuvasco á tarde