Galicia Informativos Informativo Galicia 7:45 - 15/05/2615/05/2026

Informativo Galicia 7:45 - 15/05/26

En marcha, no marco do diálogo social, un plan pra controlr o absentismo laboral. A oposición critica o que considera unha ofesiva contra os dereitos dos traballadores e pídelle á Xunta que revise o funcionamento da sanidade.

Neste ámbito, o presidente da Xunta di que non é verdade o que denuncian os coordinadores de urxencia, que hai unha circular que bloquea as contratacións nestes servizos.

E este venres estaremos atentos ós resultados da reunión da comisión de seguemento de Alcoa, levaba un ano sen face-lo; a negociación do metal en Pontevedra; e, as eleccións pra elixir a que será a primeira reitora da universidade de Vigo.

Deportes. O Basket Coruña gaña ó Menorca o primeiro partido da eliminatoria de ascenso á ACB.

O tempo. Nubrado e chuvias, aínda que pola tarde no sur se van abrir claros. Estamos a mediados de maio e anúnciasenos que pode nevar nas cotas máis altas da comunidade... a partir dos 1.200 metros

Galicia Informativos
Más opciones