Informativo Galicia 7:45 - 09/04/26
No Parlamento, hoxe os grupos políticos presentarán as propostas de resolución que mañá se van votar no debate de política xeral. Un debate con especiall protagonismo para a sanidade e que abriu a polémica polo anuncio do presidente Alfonso Rueda de crear unha unidade pra o control das baixas. O socialista Gómez Besteiro sinala que está cuestionando o labor dos médicos; a nacionalista Ana Pontón que trata ós traballadores como "vagos e maleantes".
Os problemas na atención primaria, motivo da nova xornada de folga convocada pola CIGA pra este xoves e das concentracións previstas pro vindeiro luns ante os centros de saúde.
Deportes. O Celta buscará hoxe en Alemaña un resultado que lle permita superar a semana que vén en Balaídos os cuartos de final da europa league.
O tempo...Recuperamos a influencia do anticiclón. Os ceos estarán moi abertos, sobre todo canto máis ó sur onde se vai producir unha suba significativa das temperaturas