Galicia Informativos Informativo Galicia 7:45 - 01/07/2601/07/2026

Noticias de Galicia en Radio Nacional y Radio5 de RTVE

Alfonso Rueda secunda as dúbidas manifestadas polo presidente do PP, Núñez Feijóo, sobre a influencia electoral do voto dos nacionalizados coa chamada lei de netos. Iso cando Galicia é con diferencia a que máis electores residentes ten fóra, medio millón, e que xa levan anos podendo votar.

O Senado votará e enmandará a vindeira semana a lei que prevé a transferencia da AP-9 a Galicia, aínda que os cambios poden ser revertidos cando a norma volva ó Congreso.

É primeiro de xullo, comeza a fase de alto risco para os incendios forestais.

Deportes. Celta e Deportivo comezarán a temporada de Liga na casa, contra Osasuna e Elxe. Terán o primeiro enfrotamento en Balaídos o 3 de xaneiro.

O tempo. Sen cambios, comeza o día con nubes no norte e logo vai quedar despexado. Dúas metades tamén nas temperaturas, no norte con temperaturas de ata 25 graos; no sur, nos 30.

Galicia Informativos
Más opciones