Galicia InformativosInformativo Galicia 19:50 - 22/06/2622/06/2026
Informativo Galicia 19:50 - 22/06/26
Alerta por calor en Galicia. Só se libra parte da liña de litoral. A temperatura máis alta do día rexistrouse en Ourense, con 39,6 graos. Segundo a previsión, mañá a situación irá a peor. Precisamente na capital das Burgas agardamos ata 40 graos, pero poderían chegar tamén ós 38 en Lugo, 37 en Ferrol, 36 en Santiago e 35 na Coruña.