Galicia InformativosInformativo Galicia 19:50 - 12/06/2612/06/2026
Informativo Galicia 19:50 - 12/06/26
Incendio forestal en Padrón. O lume iniciouse ás catro da tarde na parroquia de Herbón e as lapas provocaron un gran fume visible dende varios quilómetros. A Consellería de Medio Rural mobilizou medios terrestres e aéreos para a súa extinción. Polo de agora, a extensión da zona afectada é de máis de vinte hectáreas.
Tras case seis horas remata sen éxito a reunión do sector do metal entre sindicatos e patronal. O luns volverán á negociación.
Localizan na praia do Ézaro, en Dumbría, Coruña, o cadáver dunha muller flotando no mar. A autopsia determinará as causas do falecemento.