Informativo A Coruña 8:45 - 28/05/26
Logo de cinco semanas de peche por obras na pista... o aeroporto Rosalía de Castro de Santiago retoma HOXE a súa actividade este xoves.
Fíxoo hai algo máis de media hora coa chegada do primeiro voo directo entre Nova York e Galicia. Ás dez da mañá farase a viaxe de volta, co despegue dun avión de Lavacolla con destino o aeroporto de Newark.
United airlines operará ata o 21 de setembro tres voos directos á semana entre Lavacolla e Estados Unidos
-ALEJANDRA. O presidente de Navantia asegura que non existe ningún plan pra que entre capital privado na compañía pública. Sae así ó paso das declaracións nas que apuntaba que era unha posibilidade de futuro.
-**Tras tres días de folga, hoxe reúnense de novo patronal e sindicatos do metal. Unha negociación clave para achegar posturas ante un conflito laboral que onte provocou a paralización da actividade en Navantia, Cortizo, e os polígonos da Coruña e Santiago
-ALEJANDRA. Folga no servizo de limpeza dos 14 colexios públicos de infantil e primaria de Santiago, convocada pola CIG, para o luns e o martes da próxima semana. As traballadoras denuncian o incumprimento, por parte do concello e da empresa adxudicataria, das melloras acordadas entre as tres partes