Informativo A Coruña 8:45 - 25/05/26
As treboadas que caeron sobre A Coruña esta noite non impediron a festa rachada que se viviu na cidade herculina para celebrar o ascenso de club branquiazul, trala vitoria en Valladolid.
O equipo que adestra Antonio Hidalgo chegou á explanada de Riazor pasadas as catro da madrugada. Esperándoos.. milleiros de deportivistas.
-Hoxe entra en funcionamento a nova oficinal provisional da Policía Nacional de Santiago.
Situada no barrio de Santa Marta será a que dará servizo á cidadanía ata que se rematen as reparacións das dependencias policiais que se incendiaron o pasado 12 de febreiro.
- O CEIP campomaior de Ordes denuncia abandono por parte da Xunta. Levan tempo reclamando mais profesorado de atención especial porque din o número de alumnos con necesidades medra cada ano mentres os recursos son cada vez menos
-A fin de semana deixa cinco persoas detidas na provincia relacionadas co tráfico de drogas: tres en Noia e dúas en Rois. Os arrestos de Rois producíronse a raíz da apertura de investigación en Noia por compravenda e roubo