As familias do colexio O Grupo de Ribeira elevan as súas protestas ao Parlamento galego. Unha delegación da ANPA acudirá esta mañá ao Pazo do Hórreo coincidindo coa intervención do conselleiro de Educación, sobre os problemas nos centros neste inicio de curso.
Á mesma hora, ao mediodía, a ANPA do colexio de Asados, onde os alumnos por terceira semana seguen sen ir a clase-, convocan unha cazolada fronte ao centro rianxeiro.
A xustiza dá a razón á familia de Yoel Quispe...Os tres acusados de acabar coa vida do mozo na noiteboa de 2023 na Coruña, serán procesados por asasinato na Audiencia Provincial da Coruña.
En Santiago, nova polémica entre o sector hoteleiro e o concello pola próxima implantación da taxa turística, que entrará en vigor o próximo mércores. A Unión Hoteleira Compostela presenta un recurso avalado pola USC
En Ferrol, a agardada apertura de "Abrir Ferrol ao mar" arranca en outubro na Magdalena co adeus á muralla.