Galicia Informativos Informativo A Coruña 8:45 - 19/06/2619/06/2026

Informativo A Coruña 8:45 - 19/06/26

Un cento de educadoras infantís das escolas municipais da Coruña se concentraron a pasada tarde na praza de Maria Pita pra pedir a dimisión do concelleiro de educación, Juan Borrego e explicacións a alcaldesa Inés Rey sobre os últimos pregos publicados. As traballadoras din que non recollen o acordado co concello e que ademais supoñen un empeoramento das suas condicións laborais.

-O Consello Galego de Relacións Laborais convoca para o luns a primeira xuntanza da mediación do convenio do metal da Coruña. A CIG agarda que os empresarios acodan á mediación con vontade real de desconvocar o conflicto.

- A asociación Parque natural do Eume, composta por un cento de propietarios das Fragas do Eume anuncia que acudirán a valedora do pobo pra denunciar a falta de xestión e de resposta da Xunta sobre os usos das suas parcelas. Este xoves concentráronse en Ferrol ante a sede da administración galega

-O concello de Santiago presenta 'Castelao insólito' un proxecto pra descubrir a relación do intelectual galeguista con Compostela. Será a través de catro paseos guiados presenciais, entre o 25 e o 27 de xuño

Galicia Informativos
Más opciones