Informativo A Coruña 8:45 - 19/05/26
Primeira xornada do sector do metal na provincia...Das tres que hai convocadas.
Reclaman un convenio digno, con mellores salarios e regulación dos pluses.
A patronal. Cre que a convocatoria desta folga non é a solución ao conflito.
Ó mediodía haberá manifestacións na Coruña, Santiago e Ferrol. Desde primeira hora hai piquetes nos polígonos da provincia...En Ferrol, están impendindo a entrada ó estaleiro de Navantia.
-O BNG de Teo convoca unha concentración pra este martes diante do consultorio de Pontevea pra denunciar o abandono do centro e a falta de profesionais sanitarios.
- Luz verde definitiva á capitalidade de Santiago. A Xunta defende a suba do 14 por cento, ata chegar ós 3 millóns. O concello considera a cantidade "insuficiente".
-Betanzos encamíñase a ter o seu primeiro Plan Xeral de Ordenación Municipal. A pasada noite aprobouse inicialmente o proxecto grazas ao apoio do PP e dos dous concelleiros non adscritos. O BNG votou en contra.