Informativo A Coruña 8:45 - 18/06/26
Esta tarde as traballadoras das 110 da rede de escolas infantis municipais da Coruña mobilizaranse diante do concello pra rexeitar os novos pregos publicados nos que, segundo denuncian, non se recolle ningunha das melloras acordadas tralas mobilizacións do pasado ano. Síntense enganadas e piden a dimisión do concelleiro de educación e reponsabilidadess á alcadesa Inés Rey.
- Persoal de Monbús denuncia represión sindical na empresa, con catro despedimentos e varios expedientes sancionadores a traballadores que foron á folga
- O Consello Galego de Relacións Laborais mediará no conflito do metal da provincia da Coruña e intentará evitar dúas novas xornadas de paros
- Comeza o Son do Camiño en Santiago: ata o sábado máis de 120 mil persoas pasarán polo Monte do Gozo con Katy Perry como prato forte esta noite