Informativo A Coruña 8:45 - 18/05/26
Choque frontal na negociación do convenio de hostalaría da provincia da Coruña entre a patronal e os representantes dos traballadores.
Os sindicatos romperon o diálogo, ante a intensión dos empresarios de non seguir pagando a bonificación que aportan durante as baixas laborais. O obxectivo, dín é reducir o absentismo. O persoal rexeitan de pleno esta postura e piden melloras salariais.
-Os veciños de Oroso protestan polo peche das urxencias no ambulatorio de Sigüeiro os sábados pola mañá. Vense obrigados a desprazarse ata os PAC de Ordes ou Santiago.
-Compostela acolleu este domingo unha multitudinaria manifestación en defesa do galego neste domingo, Día das nosas letras. A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartin, estivo presente nos actos institucionais que se celebraron tamén na capital galega.
-Nos Deportes, o Deportivo a tres puntos do ascenso á Primeira División, con seis por desputar, logo da remontada en Riazor fronte ó Andorra cun 2 a 1