Informativo A Coruña 8:45 - 15/05/26
O sector do metal na provincia en pé de guerra ante a falta de diálogo por parte da patronal. Logo da xuntanza mantida nas últimas hora, que os sindicatos cualifican de "desvergoña", manteñen a folga do martes, e esta mañá decidirán como incrementar a presión.
Piden un convenio con melloras salariais, redución de xornada e regulamento de pluses.
-A Coruña aproba o novo proxecto do Parque do Agra co apoio de PSOE e BNG, e o rexeitamento do PP. O pleno deste xoves deu luz verde tamén á liquidación do orzamento de 2025 cun desfase de 12 millóns de euros.
-As municipais irrumpen nas Festa da Ascensión de Santiago. Rueda confirma a Verea como candidato popular, Pontón arroupa á alcaldesa Sanmartín e Besteiro evita desvelar o candidato socialista.
-As asociacións "IN NAVE CIVITAS" e "O MURAL" convocan unha manifestación o 7 de xuño para reclamarlles á Xunta e ao Concello da Coruña que protexan as pinturas de Lugrís. Mentres, María Pita avanza na tramitación da licenza para rehabilitar o edificio da rúa Olmos que os alberga