Crónica de Galicia 14:10 - 15/05/26
Se non se producen novidades nas próximas horas, un sector que representa preto do 20% do PIB galego estará prácticamente paralizado a vindeira semana. A patronal e os sindicatos do siderometal tratan hoxe de reconduci-las negociacións do convenio da provincia de Pontevedra, mentres na Coruña os traballadores denuncian o bloqueo por parte dos empresarios de tódalas súas propostas, e amplían as mobilizacións.
Os traballadores esixen avances nos investimentos pendentes en Alcoa na primeira reunión en máis dun ano da comisión de seguemento do plan de viabilidade.
A Xunta defende a elevación dos topes de renda para acceder a vivenda protexida, polo aumento da oferta.
A Universidade de Vigo vota á nova reitora da institución co debate de fondo sobre cambios no protocolo de actuación fronte a denuncias de acoso.
No tempo a sorpresa é o frío, e mesmo a neve na montaña nestas datas.