Crónica de Galicia 14:10 - 14/08/26
Augas de Galicia non valora incrementa-las restricións na bacía do Lérez pra reduci-los consumos de auga. Así llelo comunicou ós concellos afectados dende esta semana polo nivel de alerta, pola caída de caudal do río, nunha xornada na que o concello de Neda, na Coruña, tivo que activar conexións con concellos veciños pra repoñer unha suministración en precario trala caíd ade caudal do río Belelle.
É unha situación inédita neta localidade de Ferrolterra... pero a escaseza de auga é cada vez máis frecuente nos veráns galegos. Por iso o BNG urxe un plan de adaptación ó cambio climático, con investimentos por valor de máis de mil millóns de euros ata 2032. O PP defende a actuación do goberno galego pra paliar as consecuencias da falta de auga.
Auga que pode volver caer, en pequenas cantidades, esta noite, por primeira vez en meses..