Galicia Informativos Crónica de Galicia 13:30 - 30/05/2630/05/2026

Crónica de Galicia 13:30 - 30/05/26

Case un milleiro de médicos asinan un manifesto contra o plan da Xunta que pretende dar incentivos económicos ós facultativos que reduzan as baixas laborais. Os sanitarios dubidan da ética deste plan e pídenlle á xunta que dea marca atrás porque din, está en risco a saúde dos pacientes.

Noutros asuntos, a asociación que impugnou o parque eólico de Bustelo, ubicado na provincia da Coruña entre Carballo e Coristanco, amósase tranquila trala resolución do Tribunal Supremo que avala os recursos presentados pola Xunta , Greenalia e a Asociación Eólica de Galicia. Adega sinala que o fallo non é determinante pro resto de parques eólicos que hai paralizados na comunidade.

En Vigo esta mañá os reis Felipe VI e Letizia presidiron o desfile para conmemorar o día das forzas armadas.

E nos sucesos, un incendio en Ourense rexistrado esta mañá na zona de As Caldas, no barrio de A Ponte calcinou compeltamente un edificio. Varias persoas tiveiron que ser atendidas polo servizos de urxencias. Neste momento, os bombeiros continúan enfriando a zona e polo momento descóñecese a orixe do lume.

Tamén a mañá deixa un motorista falecido tras unha colisión contra un coche no que viaxaban duas persoas, que en principio non están feridas. O sinistro ocurria arredor das 11 da mañá entre Arbo (Pontevedra) e Crecente (Ourense).

Galicia Informativos
Más opciones