Galicia InformativosCrónica de Galicia 13:30 - 21/06/2621/06/2026
Crónica de Galicia 13:30 - 21/06/26
Primeira xornada de folga das catro convocadas no comercio de alimentación da provincia da Coruña para mellorar as súas condicións laborais.
RENFE modifica a partir do once de xullo, dez horarios de trens por mor das obras na estación intermodal da Coruña que afectan aos desprazamentos por toda a Comunidade.
No Día Mundial da Esclerosis Multiple, AGAELA, a asociación galega de afectados, pide que as axuda cheguen a tempo.
Hoxe é o solsticio de verán e en Boqueixón celebran a Cerimonia deo "Lume Sacro". Esa chegada do verán coincide coa primeira vaga de calor da tempada. Temos alerta amarela da AEMET e a Xunta activou hoxe a vermella en máis de cen concellos e a laranxa na montaña lucense.