Galicia InformativosCrónica de Galicia 13:30 - 20/06/2620/06/2026
Crónica de Galicia 13:30 - 20/06/26
O PSdeG reclama á Xunta que Alcoa acelere o forno de cocción para garantir o futuro de San Cibrao.
Os brigadistas de Galicia alertan da falta de previsión da Xunta para afrontar a campaña de verán contra os lumes.
O Goberno central inicia o procedemento para declarar o Campo de Aragón de Ourense "Lugar de Memoria Democrática".
Case un milleiro de persoas participarán esta tarde no Arde Lucus, a festa romana e castrense de Lugo.
Nas estradas, un accidente en Santiago deixa catro coches implicados e dúas persoas trasladadas ó hospital. Tamén en Vigo, unha colisión entre un bus escolar e un camión deixa feridos leves a nove alumnos e tres profesores.