Galicia InformativosCrónica de Galicia 13:30 - 10/05/2610/05/2026
Crónica de Galicia 13:30 - 10/05/26
Ricardo Hevia, o galego que viaxaba no cruceiro Hondius xa vai cara ao hospital Gomez Ulla de Madrid. Estará en corentena co resto de españois como medida de seguridade. O barco chegou esta madrugada a Tenerife e tódolos pasaxeiros foron evacuados baixo estritas medidas sanitarias ata o aeroporto para coller os voos de volta aos seus países.
O PSOE pídelle á Xunta que indemnice á familia do menor de Santiago que sufriu acoso escolar e que non presente recurso ante o supremo contra a sentenza condenatoria.
O concello de Ribas de Sil será o primeiro en Galicia en xestionar monte comunal que quedou sen ningún titular