Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Cambio de hora esta fin de semana. Ás tres da madrugada do domingo teremos que atrasar o reloxo unha hora. Unha rutina que tenta aproveitar a luz solar e recortar o consumo enerxético. Son moitos os que a cuestionan, pero outros defenden a súa necesidade para adaptármonos mellor ás estacións e ao ritmo do sol. Eric Harlow | GettyImages

O sector pesqueiro español critica a estratexia presentada esta semana pola Comisión Europea para o horizonte 2040. Os armadores consideran que non resolve os problemas actuais da frota e reclaman unha reforma urxente da Política Pesqueira Común. En Galicia déronse de baixa 614 barcos de pesca desde 2013.

Galicia é a segunda comunidade de España na que se rexistran máis accidentes de tráfico causados por xabarís. O ano pasado foron máis de 4.000 e no que vai de ano case tres mil. Compensar aos condutores e aos labregos polos danos nos cultivos custoulle á Xunta nos últimos dez anos vinte millóns de euros.

A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias reúne en Santiago a mulleres referentes neste sector. Cadrando coa celebración do ano internacional da agricultora, o obxectivo é dar visibiliade ao traballo das mulleres rurais e abordar os retos pendentes en igualdade e participación nos órganos de decisión.

RTVE.es os ofrece el primer tráiler de A nadadora (2026), un thriller dramático dirigido por Sandra Sánchez. Ambientada en los años 90 en la Costa da Morte, la historia sigue a Nico (Nuria López), una adolescente que furtivea percebes con su padre. Tras caer al mar y sufrir desmayos, empieza a tener visiones de otra joven sumergida.

El debut en la dirección de largometrajes de Sandra Sánchez está protagonizado por Nuria López, María de Dina, Lucía Veiga, Federico Pérez, Diego Anido y Melania Cruz.

Una cinta que se presentará en la Seminci de Valladolid, que comienza este viernes.

As fotografías do recoñecido premio internacional Comedy Wildlife, que reúne unha espectacular colección de imaxes da natureza, acaban de chegar a Lugo. Trátase dunha mostra na que podemos admirar escenas da vida cotiá de distintas especies animais que conectan co público a través do humor.

Alimentación local, xusta, e sostible. É a filosofía da asociación Daquidarredor. Pequenos produtores intercambian as súas receitas nunha cociña colaborativa financiada polo concello de Brión e a Deputación da Coruña. Ademais, forman a quen queira aprender a utilizar a maquinaria coa que fan masas, cremas, marmeladas e zumes.

Cada ano prodúcense trinta mil paros cardíacos fóra dun hospital en España. As posibilidades de sobrevivir sen secuelas duplícanse se se inician de inmediato as manobras de reanimación, mentres chegan os servizos de emerxencia. Profesionais do Hospital de Santiago explican aos usuarios do centro de xeito práctico como realizar esta reanimación.

Comeza a vacinación contra a gripe e a covid das persoas de máis de setenta anos nos centros de saúde. A campaña seguirá ampliándose a novos colectivos o 2 de novembro, coa vacinación das embarazadas, e a partir do día 9, cos maiores de sesenta. O obxectivo da Xunta é acadar o 75 % da cobertura entre os nosos maiores.

Sobre a saúde mental da mocidade debaten en Santiago as dezasete entidades sociais que forman parte da rede estatal de Juventud e Inclusión. A Cidade da Cultura acolle o seu foro sobre soidade non desexada. Cando a soidade non desexada se converte en crónica pode desencadear ansiedade ou depresión.

O sendeiro das Olas do río Mao, no parque natural do Xurés, na raia entre Galicia e Portugal, usábao a veciñanza para transportar en burros o centeo aos muíños de auga. Este ano compite por ser declarado o mellor sendeiro de España nun concurso da federación de deportes de montaña.

Se hai un sector no que a función das mulleres rurais é fundamental para loitar contra e despoboamento e fomentar o envellecemento activo é o dos coidados. É o caso de Julita, unha autónoma que descubriu o seu proxecto de vida xestionando unha Casa do Maior no concello ourensán de Castrelo de Miño.

A confraría de Cangas recibe o Premio Alimentos de España na categoría de Produción de Pesca e Acuicultura. O xurado valorou o esforzo da entidade, que celebra o seu 80 aniversario e conta con 175 barcos, para modernizarse e xerar valor engadido á pesca artesanal.

Galicia encabeza a suba do IPC de setembro, cun aumento interanual do 5,5 por cento. Seis décimas por riba da media nacional. O principal responsable é o encarecemento dos transportes, que se disparan máis dun 12 por cento respecto a hai un ano, polos prezos dos combustibles. O dato fai que o Goberno manteña as axudas de 20 céntimos por litro de gasolina e diésel aprobadas no paquete anticrise.

A escaseza de precipitacións pon en alerta o abastecemento de Vigo e da súa área metropolitana. O encoro de Eiras está ao 44 % da súa capacidade e o Concello advirte que Vigo ten auga garantida para só uns 50 días. O total encorado en Galicia é do 52% e, de momento, sen previsión de chuvias.

Comeza a vacinación infantil contra a gripe para nenos de entre seis meses e once anos. 26.500 alumnos de infantil e primaria terán a opción de inmunizarse no propio colexio. Amplíanse a 75 os centros escolares que participan neste proxecto piloto, que na pasada campaña acadou unha cobertura do 51 por cento.