Enlaces accesibilidad

Ffoco, o certame de fotografía galega contemporánea da Coruña, recorda o histórico barrio O Papagayo

  • O festival de fotografía coruñés pretende dar a coñecer os traballos que se fan en Galicia
  • Nesta edición o certame estrea sede na Fundación Luís Seoane

Por
Ffoco, o certame de fotografía galega contemporánea da Coruña, recorda o histórico barrio O Papagayo e ábrese a América Latina

Ffoco, o festival de fotografía coruñés trata de dar a coñecer os traballos dos fotógrafos de Galicia e establecer conexións con América Latina. Por iso, este ano hai un espazo dedicado Paolo Gasparini. Tamén nesta edición se inclúe un apartado de fotografía histórica no que se recorda ao Papagayo, o barrio chinés da Coruña hoxe desaparecido.

O festival leva catro anos de rodadura. Este ano estrea sede na Fundación Luís Seoane, cunha programación protagonizada por máis de 30 creadores que, a través dunha ducia de actividades, achegan os seus traballos a novos públicos.

Proxeccións, exposicións, presentacións, conversacións, obradoiros e unha feira editorial especializada en fotolibros galegos e latinoamericanos dan forma a esta edición do certame. Os seus obxectivos son impulsar a creación fotográfica, con especial atención aos autores locais, e construír de maneira conxunta un relato plural e novo sobre Galicia.