Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

O músico vigués celebra o 25 aniversario do seu primeiro disco 'Irmandade das estrelas' cunha xira e un novo CD, no que o acompañan artistas emerxentes e outros consagrados, de todos os estilos. Rozalén, Iván Ferreiro, ou Tanxugueiras son algúns deles. Unha mestura do tradicional co innovador para comemorar 25 anos de carreira que o levaron aos escenarios internacionais máis prestixiosos

A borrasca Barra pon hoxe en alerta a Galicia por forte ondada, vento, e chuvia intensa // Hoxe superamos os 9.000 casos de covid activos, case 700 contaxios novos na última xornada // Sanidade conta con comezar a vacinación dos nenos de 5 a 11 anos dentro dunha semana nos grandes recintos de vacinación // Comeza en Santiago o congreso do PSdeG-PSOE que vai ratificar ao gañador das primarias, Valentín González Formoso, como novo secretario xeral // O músico Carlos Núñez celebra o 25 aniversario do seu primeiro disco 'Irmandade das estrelas' cunha xira e un novo CD 07-12-2021

A borrasca Barra pon hoxe en alerta a Galicia por forte ondada, vento, e chuvia intensa. Os refachos xa superaron os 140 quilómetros por hora na serra do Xistral, no norte de Lugo, e lévanse acumulado máis de 80 litros por metro cadrado en Cuntis. 07-12-2021

A borrasca Barra pon hoxe en alerta a todo o litoral galego por forte ondada e vento, e mailo interior das provincias da Coruña e Pontevedra por chuvia intensa // Hoxe superamos os 9.000 casos activos, case 700 contaxios novos na última xornada // Sanidade conta con comezar a vacinación dos nenos de 5 a 11 anos dentro dunha semana nos grandes recintos de vacinación // Comeza en Santiago o congreso do PSdeG-PSOE que vai ratificar ao gañador das primarias, Valentín González Formoso, como novo secretario xeral // O músico Carlos Núñez celebra o 25 aniversario do -eu primeiro disco 'Irmandade das estrelas' cunha xira e un novo CD - 07-12-2021

Máis de 700.000 desprazamentos. E o que calcula a Dirección Xeral de Tráfico nas estradas galegas dende hoxe ata o próximo mércores. Estará activado un dispositivo especial con radares fixos e móviles, helicópteros, drons e furgonetas camufladas. // Os amantes dos vídeoxogos teñen cita ata mañá en no Recinto Feiral de Pontevedra. Celébrase Ponteingames. Un evento con competicións,obradoiros e charlas en streaming, centradas tamén nos deportes electrónicos, que multiplicaron audiencia e usuarios no confinamento. // En Galicia máis de 230.000 persoas teñen unha discapacidade igual ou superior ao 33%. Co lema "Baixo o Mesmo Paraugas", 90 entidades sociais celebran conxuntamente o Día Mundial das persoas con discapacidade. 03-12-2021

Unha fronte cálida pouco activa deixa hoxe ceos nubrados, con algún orballo ocasional, COLAS máis probable no oeste. Pola noite chegará unha fronte fría que deixará chuvias xeneralizadas e de máis intensidade. As precipitacións intermitentes seguirán mañá, coa cota de neve situada nos 1.200 metros. 03-12-2021

Os viaxeiros nacionais e o bono turístico impulsan unha ocupación case ao completo. É a previsión dos hostaleiros para os próximos días, con especial tirón para a cidade de Vigo e as casas de turismo rural. // máis de 800 novos contaxios nun día, e os casos activos superan xa os 7.000. Os ingresados acércanse a 200.. // Traballadores de Vestas marchan en caravana de coches dende Viveiro ata Lugo, nunha nova protesta contra o Ere da Multinacional que pretende pechar definiticamente a fábrica de compoñentes eólicos ao final de ano. // Retratos das estrelas máis glamurosas de Hollywood e as supermodelos, das que quería revelar o caracter persoal. É a obra do falecido fotógrafo Peter Lindbergh que chega á Coruña nunha mostra impulsada pola que fora a sua amiga persoal Marta Ortega. 03-12-2021

A poboación de menos de 60 anos recibirá tamén a terceira dose. Será a partir do día 19, cando remate o actual grupo de idade, e do persoal sanitario. A vacinacion dos nenos de 5 a 12 anos comenzará en canto se reciban as primeiras doses, o próximo día 13. // O espectáculo da neve chega ás montañas orientais, por riba dos mil cen metros, anque a cota irá subindo ao longo do día. Alí podían disfrutar hoxe os primeiros visitantes privilexiados. // O avellentamento activo non se limita ás actividades físicas. Hoxe achegámonos a un proxecto que quere estimular a creatividade dos maiores, con obradoiros de teatro, música e creación audiovisual. // Valentina, unha película de animación feita en Galicia, é estreada hoxe, logo de ser nominada aos Premios Goya deste ano. Dirixida por Chelo Loureiro, conta a historia dunha nena que soña con ser trapecista pero cre que non o conseguirá por ter síndrome de Down. 02-12-2021

Tralo paso da fronte nas últimas horas, chega o aire frío e a inestabilidade. Os ceos estarán parcialmente nubrados, con chuvascos, máis probables no norte e zonas de montaña. A cota de neve está sobre os 1.100 metros, subindo progresivamente aos 1.300 metros. 02-12-2021

Escalada de contaxios nos centros educativos, que se duplican na última semana, ata sumar uns 1.300 entre alumnos e profesores. Xa son máis que a estas alturas do curso pasado. A provincia de Ourense é a máis afectada. // A incidencia da Covid en Galicia sitúase xa por riba da media do conxunto de España. A Xunta extende a obriga de presentar o certificado Covid a Ximnasios e Residencias. // O paro baixa lixeiramente en Galicia con case 1300 desempregados menos que en outubro. Un descenso menos acusado que no conxunto de España, con nove meses consecutivos de baixada. // Volve a tensión entre productores de mexillón e de percebe, pola recollida de mexilla nos cons. Os mexilloeiros rexeitan a veda establecida pola consellería do Mar en zonas delimitadas que suman 50 quilómetros da costa. 02-12-2021

Primeira imaxe de Marta Ortega, despois de coñecer que será a nova presidenta de Inditex a partir de abril… Esta mañá as accións da compañía subiron un tres por cento, despois de caer en picado onte, ó anunciarse o cambio na cúpula da empresa. // Expertos internacionais debaten nun congreso en Ferrol sobre as posibilidades dos parques eólicos que se constrúen no mar. Para un deles, na Bretaña francesa, o estaleiro de Navantia-Fene constrúe pezas. Imos ver como van as obras. // O Celta superou cómodamente a primeira ronda da Copa do Rei ao vencer por cero a cinco ao Ebro, equipo de Zaragoza da Segunda Federación. Na Coruña o histórico Victoria, de autónomica preferente, perdeu ante o Villarreal. Tamén perdeu o Racing de Ferrol. 01-12-2021

Unha fronte atravesa hoxe Galicia, deixando ceos precipitacións persistentes pola mañá, que irán quedando en forma de chubascos intermitentes ao longo da tarde. A cota de neve descende ata os mil metros pola noite, cando se intensificarán tamén as precipitacións, con posibilidade de treboadas sobre todo polo norte. 01-12-2021

A dose de reforzo chega ao maiores de 60 anos. Son case 350.000 galegos citados nos centros de vacinación masiva, todos con Pfizer. As doses para os nenos entre 5 e 12 anos chegarán a partir do próximo día 13. // Galicia volve contabilizar máis de 700 novos contaxios, por primeira vez dende o verán. Os casos activos rozan os 6.000, e hai 30 ingresados nas UCI. A Xunta non prevé, de momento, aumentar as restricións de cara o nadal, ainda que recomenda aumentar as precaucións. // Fronteiras abertas e algúns controis aleatorios nas estradas, no primeiro día de entrada en vigor do Estado de Calamidade en Portugal. Os visitantes dende España deben presentar o certificado Covid. // O convento de Santa Clara de Pontevedra e xa dende hoxe propiedade municipal. O concello formaliza a compra por un importe de 3.200.000 euros. 01-12-2021

A bolsa acolle cunha caída de máis do catro por cento o relevo na cúpula de Inditex. A filla menor de Amancio Ortega, Marta, de 37 anos, asume a máxima responsabilidade e sustituirá ao actual presidente Pablo Isla, que abandona, por vontade propia.. // Nova xornada de protestas, dos traballadores de Ence, con cortes de tráfico na Autovía de Marín, para reclamar a continuidade da pasteira e dos seus postos de traballo na Ría de Pontevedra. // En dous meses a Xunta pedirá a licenza de primeira ocupación para a cidade da Xustiza de Vigo. A nova sede xudicial está emprazada na torre do antigo hospital xeral que vai recuperando o seu aspecto orixinal. // Chega á Coruña FFoco, unha aposta pola fotografía galega contemporánea. Celebra este ano a súa quinta edición e é unha oportundiade para que os fotógrafos locais se poidan xuntar e amosar o seu traballo a novos públicos. Participan máis de trinta. 30-11-2021