Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Ascenden a 12 os casos de ómicron en Galicia, ao confirmarse tres máis en Vigo. Todos parecen relacionados cunha viaxe a África. Sanidade anima aos pais a acodir á cita pra vacinar a partir de mañá aos nenos de 9 a 11 anos e non descarta novas restricións de cara o Nadal. // O Comité de empresa de Alcoa acepta abrir unha nova negociación coa multinacional sobre os términos da última oferta para evitar o peche da factoría de San Cibrao, a cambio de ceses temporais de actividade. // Indómitas é o tìtulo dunha exposición que se pode ver dende hoxe na sede de Afundación en Santiago. Recolle historias de mulleres que non dubidaron en levar a cabo os seus soños pese a irromper, en algúns casos, en terreos tradicionalmente ocupados por homes. 14-12-2021

Os contaxios de ómicron confirmados en Galicia elévanse a 12, ao detectarse tres máis en Vigo. E total, os casos activos suben a 12.700. Sanidade anima aos pais a acodir á cita pra vacinar a partir de mañá aos nenos de 9 a 11 anos e non descarta novas restricións.. // Acordo do consello da Unión Europea para as cotas pesqueiras do ano que ven, que establece a diminución das capturas de pescada no oito por cento, fronte ao 18 previsto inicialmente. // Tras case dos anos suspendidos pola pandemia, Arranca campaña para comercialzar as viaxes do Inserso, con máis de 800.000 prazas dispoñibles para toda España.// Preocupación no sector turístico polas anulacións de última hora tralo aumento de contaxios, logo das boas cifras rexistradas nos últimos meses. 14-12-2021

Xornada de tempo seco e de sol, con néboas matinais nos vales do interior que poden ser localmente persistentes. As temperaturas mínimas eb un lixeiro descenso con xeadas en zonas de interior, mentres que as máximas quedarán sen cambios significativos. 14-12-2021

Empeza a terceira dose ao gruo de entre 50 a 59 anos anos, nos centros de vacinación masiva, Mentres, chegan a Galicia as primeiras 60.000 vacinas infantís para poñelas a partir do mércores. // O incremento dos casos activos marca hoxe un novo fito e chegan a 12.221. Nunha xornada na que se rexistraron 1.070 novos contaxios, con especial incidencia nas areas de Vigo, Ourense e Pontevedra. // A planta de Stellantis en Vigo aprobou, co apoio dos sindicatos maioritarios, o ERTE, ante a falta de compoñentes electrónicos que afecta á industria da automoción. // O Breogán volveu xogar despois dun mes parado tamén por un gromo e retornou con vitoria ante o Andorra por 83 a 74. Os celestes tiveron o control do partido no Pazo dos Deportes de Lugo e foron sempre por diante. 13-12-2021

Persoas de 50 a 59 anos anos reciben xa a terceira dose nos centros de vacinación masiva. A Xunta non espera á autorización formal da comisión de saúde pública para o reforzo deste grupo. // Volven rexistrarse máis de mil novos contaxios nas últimas 24 horas, e os casos activos superan xa os 12.000, cun aumento máis significativo nas provincias do sur. // Os tres acusados de tripular o narcosubmarino interceptado en Aldán decláranse culpables e recoñecen ter atravesado o Atlántico con máis de 3.000 quilos de cocaína a bordo, no xuizo polo caso, que empezou hoxe en Pontevedra.// Remata en emprazamentos naturais da serra do Xurés a rodaxe de "O corpo aberto", Unha historia baseada nun conto de Arraianos, a obra de Méndez Ferrín, a cargo de Angeles Huerta. 13-12-2021

A semana arranca baixo a influencia das altas presións, polo que o tempo vai estar marcado por ceos pouco nubrados ou completamente despexados, con néboas localmente persistentes no interior. As temperaturas, en lixeiro ascenso. 13-12-2021

Persoas de 50 a 59 anos anos reciben xa a terceira dose nos centros de vacinación masiva. A Xunta non espera á autorización formal da comisión de saúde pública. // volven rexistrarse máis de mil novos contaxios nas últimas 24 horas, e os casos activos superan xa os 12.000, cun aumento máis significativo nas provincias do sur. Aumenta tamén a presión hospitalaria, con case 300 pacientes ingresados, e hai 49 nas UCI. // Os tres acusados de tripular o narcosubmarino interceptado en Aldán decláranse culpables e recoñecen ter atravesado o Atlántico con máis de 3.000 quilos de cocaína a bordo, no xuizo polo caso, que empezou hoxe en Pontevedra.// Remata en emprazamentos naturais da serra do Xurés a rodaxe de "O corpo aberto", Unha historia baseada nun conto de Arraianos, a obra de Méndez Ferrín, a cargo de Angeles Huerta. 13-12-2021

A variante ómicron da covid, detectada por primeira vez en Galicia. Son dous pacientes relacionados cunha viaxe a Africa // O aumento da incidencia dispara a demanda de probas PCR // Galicia volve rexistrar case mil novos contaxios nun día // Os transportistas galegos manteñen o apoio ao paro dos días 20, 21 e 22 // Valentina, unha nena diferente aos ollos dos demais porque ten síndrome de down. É a protagonista dunha película galega de animación que se estrea hoxe. 10-12-2021

O aumento da incidencia dispara a demanda de probas PCR // Galicia volve rexistrar case mil novos contaxios nun día e hai cinco ingresados máis nas UCI // Os transportistas galegos de mercadorías por estrada manteñen o apoio ao paro convocado para os días 20, 21 e 22 // Valentina, unha nena diferente aos ollos dos demais porque ten síndrome de down. É a protagonista dunha película galega de animación que se estrea hoxe. 10-12-2021

O aumento da incidencia dispara a demanda de probas PCR // Galicia volve rexistrar case mil novos contaxios nun día // Os transportistas galegos manteñen o apoio ao paro convocado para os días 20, 21 e 22 // Valentina, unha nena con síndrome de down, é a protagonista dunha película galega de animación que se estrea hoxe. 10-12-2021

Galicia vai quedando baixo a influencia anticiclónica, con progresiva apertura de claros pola tarde. As temperaturas, en ascenso, máis acusado nas mínimas. As máximas roldan os 15 graos. 10-12-2021

Galicia sitúase xa en risco alto de Covid, e Os casos activos ascenden hoxe a 10.204. Un aumento da inicidencia que se debe sobre todo ao incremento 1.038 novos contaxios rexistrados nun día, a cifra máis alta dende hai catro meses. // Os incendios forestais queimaron este ano en Galicia 4.300 hectáreas de superficie, catro veces menos que a media da última década, segundo explicou o conselleiro de Medio Rural nunha comparecencia a petición propia hoxe no Parlamento. // Á espera da melloría prevista para a fin de semana, o tempo segue revolto. Hoxe está activada a alerta laranxa por fortes ondas en todo o litoral galego, e agardanse chuvias máis intensas para esta tarde // Os Susi Q' s, banda de rock and roll radicada no Carballiño, presentan o seu primeiro traballo de longa duración. Son amantes do son clásico, Con influencias do blues e o country, este sábado estarán facendo a presentación no Pub Gatos de Melide. 09-12-2021

Chega a Galicia a gran consulta de Rtve, unha iniciativa coa que a televisión e a radio públicas se achegan á sociedade para preguntar directamente aos cidadáns como queren que sexa este medio de comunicación. // Repunta da Covid, que sitúa a Galicia no nivel de risco alto, por riba da media do conxunto de España, con máis de mil novos contaxios rexistrados nun so día, unha cifra que non se acadaba dende o verán. Os casos activos superan os 10.000, anque a presión hospitalaria mantense estable. // Novo intento dos traballadores de Vestas, co apoio da Xunta e o Goberno Central para que evitar o peche da fábrica de compoñentes eólicos de Viveiro. // Valentín González Formoso, ratificado como novo secretario xeral dos socialistas galegos, integra na executiva a varios nomes afins ó seu antecesor. 09-12-2021

Unha fronte algo máis cálida deixa hoxe, dende primeras horas, ceos cubertos e chuvias febles. Cara á noite chegará unha fronte fría que xa traerá chuvias máis intensas. Os ventos sopran moderados en xeral, con intervalos fortes en todo o litoral, con alerta laranxa por mar de fondo e ondas de máis de 5 metros. 09-12-2021