Aconsellan combinalas con prevención e vacinas. A variante ómicron demostra a importancia de vacinar contra a covid a toda a poboación mundial
A influencia anticiclónica segue hoxe presente, con ceos anubrados e apertura de claros pola tarde, mentres ascenden as temperaturas, que chegan á máxima de 16 graos en Ourense. Pola noite chega, iso sí, unha nova fronte, que entrará deixando chuvias polo noroeste. 30-11-2021
Marta Ortega, a filla menor do fundador e máximo accionista de Inditex, será a nova presidenta da compañía. A partir de abril, sustituirá a Pablo Isla, que abandona, por vontade propia, a máxima responsablidade no grupo textil. Tralo anuncio, as accións caen preto do 5 por centro. // Os traballadores de Alcoa avalían a oferta lanzada pola dirección. Por primeira vez dende que anunciara o ERE, abre a posibilidade de manter o emprego e a produción na Planta de Aluminio da Mariña. // O casos activos repuntan, mentres segue o aumento da presión hospitalaria. Os expertos dubidan en que as medidas aprobadas podan frear a expansión da variante. // Portugal renuncia ás fortes restricions anunciadas na fronteira por estrada e di que so pedirá test negativo a quenes non presenten certificado de vacinación. 30-11-2021

Alcoa ofrece ao comité de empresa un acordo para a planta de San Cibrao. Co peche temporal das cubas de eletrólise durante dous anos e ofrece un permiso retribuído a todos os traballadores afectados por este cese temporal. Comprométese a non iniciar ningún ERE por un perido de catro anos. // Sen rexistros, de momento en Galicia nin no resto de España da chamada variante ómicron da covid, que se extende xa por Europa. A variante preocupa aos epidemiólogos polo seu alto número de mutacións. Sen embargo, ainda non está confirmado que sexa máis perigosa ,máis resistente ás vacinas ou cause efectos máis graves. // O carballo de Conxo, en Santiago, xa é a mellor árbore de España. Agora competirá por converterse na árbore europea do ano 2022. Impúxose na fase nacional con case 23 mil votos, 1.500 máis que a sabina de Blancas, en Teruel, que quedou segunda na votación popular. 29-11-2021
Aumenta progresivamente a infuencia anticiclónica. A semana comenza con intervalos nubrados, aínda con precipitacións febles pola mañá, que tenden a desaparecer pola tarde. As temperaturas en ascenso, con mínima de 7 graos en Lugo, e as máximas chegan aos 13 no litoral. 29-11-2021
Galicia supera xa os 5.000 infestados activos, mentres aumentan os ingresos hospitalarios e nas UCI. A consellería de Sanidade adianta ao mércores o arranque da terceira dose para os maiores de 60 anos. // Clientes e hostaleiros acollen ben a obriga de presentalo para acceder aos establecementos, que entrou en vigor esta fin de semana. anque o sector ve con preocupación que aumenten as restricións para o nadal. // Preocupación tamén Nos concellos fronteirizos ante as restrición sque governo portugués anunciou para o próximo mércores, cando o país entrará en estado de calamidade. Inclúen a obriga de presentar test de antíxenos para cruzar a fronteira por estrada. Os comerciantes portugueses temen que unha caída de vendas. // Abre as suas portas o Centro Astronómico de Trevinca, ubicado nunha das zonas de Galicia con menos contaminación lumínica e máis noites despexadas ao ano. 29-11-2021

Os cambios do sector da construción en Galicia trala crise e a pandemia
A falta de man de obra especializada afoga o sector da construción. Falta relevo xeracional e a metade dos oficiais xubilaranse en dez anos
O sector da construcción advirte de que lle faltan en Galicia uns oito mil profesionais máis. As empresas non atopan candidatos para as suas ofertas de traballo, mentres que nos próximos anos se xubilará a mitade dos xefes de obra e albaneis especializados.// Traballadores dos autobuses urbanos de Vigo, que están en folga. concentráronse ante o Concello para pedir a intervención do alcalde no conflicto que manteñen coa empresa dende hai un ano pola negociación do convenio colectivo. Piden redución de xornada, máis tempo para facer as rutas e descansos entre viaxes // Mercedes Peón estrea hoxe na Coruña o seu novo espectáculo ÓSMOSE. Unha performance audiovisual cargada de música, emoción e todo o universo da artista en escea. Tras dúas exitosas preestreas en Madrid e Barcelona, esta noite chega ao Teatro Rosalía de Castro. 26-11-2021
Un corredor de isobaras trae hoxe máis aire frío e inestabilidade, o que se traduce en ceos parcialmente anubrados, con choivas intermitentes, máis probables na metade norte, ainda que tenden a xeneralizarse. As temperaturas, algo máis baixas que os días pasados, con mínima de tres graos en Lugo, e a cota de neve situada en torno aos 1.200 metros. Mañá pode baixar baixar ata os 800 metros. 26-11-2021
O certificado covid será necesario para entrar nos bares e restaurantes xa dende esta mesma noite. O Tribunal Superior de Xustiza da autorización para esa medida solicitada pola Xunta, ante un aumento de casos, que hoxe rozan xa os 4.000.// En Galicia necesítanse uns oito mil profesionais, segundo os cálculos das empresas constructoras, que non atopan candidatos dispoñibles para as suas ofertas de traballo. // Os armadores acusan á Unión Europea de favorecer o despilfarro alimentario ao obrigarlles a desbotar o marraxo morto que capturan como pesca accidental.// O Black Friday, a cita coas ofertas comerciais máis agresivas que chega hoxe, pode xerar en Galicia uns 2.600 empregos, segundo un estudo da empresa Ramstad. Son case un 50 por cento máis que antes da pandemia. 26-11-2021

Día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres para rexeitar a violencia machista, que este ano deixou unha vítima mortal en Galicia // Os novos contaxios superaron os 500 e os hospitalizados pasan de cen // Os gandeiros levan a súa protesta ante a sede da compañía Lactalis en Madrid. Acúsana de pagarlles polo leite uns prezos inferiores ao custo de produción // Peiteadoras e profesionais da estética protestan polas dificultades que atravesa o sector trala pandemia e reclaman unha rebaixa do IVE. 25-11-2021
Unha masa de aire frío en altura deixa hoxe inestabilidade e ceos anubrados con chuvascos máis probables na metade norte, e que serán de neve por riba dos 1.200 metros. As temperaturas mínimas descenden ata os cinco graos en Lugo e as máximas soben a 13 na costa. 25-11-2021
Día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres para rexeitar a violencia machista, que este ano deixou unha vítima mortal en Galicia e milleiros de mulleres agredidas // Hoxe os novos contaxios rexistrados superaron os 500 e os hospitalizados pasan de cen // Os gandeiros levan a súa protesta ante a sede da compañía Lactalis en Madrid. Acúsana de incumprir a lei da cadea alimentaria ao pagarlles polo leite uns prezos inferiores ao custo de produción // Peiteadoras e profesionais da estética pasan a noite pechadas nos seus establecementos. Protestan polas dificultades que atravesa o sector trala pandemia e reclaman unha rebaixa do IVE. 25-11-2021

A Fábrica Nacional presenta a moeda que conmemora o Xacobeo 2021-2022. Fabricada en plata, cun valor nominal de 30 euros, nunha cara representa a unha peregrina coa catedral de fondo. Na outra, os rostros dos reis de España. // A prioridade de Galicia é a reforma do financiamento e non a do estatuto de autonomía. é a resposta de Núñez Feijóo á oposición no Parlamento, nunha sesión de control na que tamén polemizou con Ana Pontón sobre a crise da industria na Mariña de Lugo. // Joshua Mateo, fillo de Sesé, a muller asasinada pola ex-parella, na súa casa de Redondela en 2017, recibe hoxe un dos premios que entrega o Ministerio de Igualdade polo seu labor contra a violencia machista. // O Museo de Pontevedra acolle unha selección de obras de 50 grandes mestres do origami, a arte do pregado do papel sen tesoiras nin pegamentos. Unha mostra, acompañada de obradoiros de papiroflexia, que está a ter una gran acollida de público 24-11-2021
Os Concellos rexeitan os cinco parques previstos na serra entre Baiona e o Rosal. A plataforma SOS Groba recolleu tres mil escritos con máis de cen mil alegacións