Viaxar entre Ferrol e Tui por autoestrada custa xa 28,10 euros. É o resultado da suba das peaxes da AP-9 que entrou en vigor co novo ano. Un incremento de case o 5%, e que chega ata o 9% nalgúns tramos de moito tráfico | Empeza o 2026 e con el chegan os habituais propósitos e metas que cada un quere conseguir este ano. A maioría van enfocadas en mellorar as nosas rutinas diarias | Tralo turrón, os polvoróns e os mazapáns, chega o roscón. Outro dos doces máis demandados da tempada que estes días fai traballar arreo as panaderías e pastelarías | Imos lembrar a figura de Ramón Otero Pedrayo, o 'patriarca das letras galegas', ao que Galicia lle dedica este ano 2026. Foi escritor da Xeración Nós, xeógrafo, docente e político galeguista
Viaxar entre Ferrol e Tui por autoestrada custa xa 28,10 euros. É o resultado da suba das peaxes da AP-9 que entrou en vigor co novo ano. Un incremento de case o 5%, e que chega ata o 9% nalgúns tramos de moito tráfico | Empeza o 2026 e con el chegan os habituais propósitos e metas que cada un quere conseguir este ano. A maioría van enfocadas en mellorar as nosas rutinas diarias | Tralo turrón, os polvoróns e os mazapáns, chega o roscón. Outro dos doces máis demandados da tempada que estes días fai traballar arreo as panaderías e pastelarías
Viaxar entre Ferrol e Tui por autoestrada custa xa 28,10 euros. É pola suba das peaxes da AP-9 que entrou en vigor co novo ano. Un incremento de case o 5%, que chega ata o 9% nalgúns tramos | Empeza o 2026 e con el chegan os habituais propósitos e metas que cada un quere conseguir este ano | Chega o roscón. Outro dos doces máis demandados da tempada que estes días fai traballar arreo as panaderías e pastelarías | Lembramos a figura de Ramón Otero Pedrayo, ao que Galicia lle dedica este ano 2026
A borrasca Francis xa está chegando a Galicia, polo que os primeiros días do ano veñen marcados polas precipitacións. As temperaturas mínimas sofren un lixeiro ascenso e situaranse entre os 8 graos de Lugo e os 12 da Coruña e Vigo. As máximas... sen grandes cambios. En todas as cidades galegas o mercurio superará os 10 graos e chegará, incluso, ata os 16 nas cidades da provincia de Pontevedra. O vento soprará moderado do sueste, forte no litoral atlántico entre as Rías Baixas e a Costa da Morte.
Uvas de fin de ano coas badaladas do mediodía. En Vilagarcía cumpren a tradición de ser dos primeiros en darlle a benvida ao ano novo. Unha celebración adiantada que manteñen desde hai máis de dúas décadas | A esta hora xa son moitos os que están despedindo o 2025, en rúas e prazas. Agora cun vermú ou un aperitivo cos amigos que pode prolongarse toda a tarde ata a cea. Dende hai uns anos estase convertendo nunha tradición | Moito ambiente nas prazas e supermercados durante toda a mañá, apurando as últimas compras para a cea de fin de ano. O marisco e os peixes seguen cos prezos elevados propios destas datas, pero un pouco menos que en Noiteboa | O Deportivo deixa atrás un ano intenso. A saída de Lucas Pérez, a renovación de Yeremai, a remuda do adestrador ou a lembranza do Superdépor. O principal obxectivo do 2026: o ascenso a primeira división
Uvas de fin de ano coas badaladas do mediodía. En Vilagarcía cumpren a tradición de ser dos primeiros en darlle a benvida ao ano novo | A esta hora xa son moitos os que están despedindo o 2025, en rúas e prazas de toda Galicia | Moito ambiente nas prazas e supermercados durante toda a mañá, apurando as últimas compras para a cea de fin de ano | O Deportivo deixa atrás un ano intenso. A saída de Lucas Pérez, a renovación de Yeremai, a remuda do adestrador ou a lembranza do Superdépor
O último día do ano mantense con altas presións e con estabilidade. A xornada está marcada polos bancos de néboas que, a medida que avance o día, iranse levantando. Temperaturas sen grandes cambios roldando os 15 graos de máxima nas principais cidades galegas, excepto en Lugo e Ourense que se quedarán arredor dos 10 graos. As mínimas non superarán os 5 graos. Haberá tempo seco e moi frío para despedir o 2025 e para comezar o ano que vén. Así que esta noite, abríguense. Os ventos soprarán frouxos de compoñente leste.
José Tomé formaliza a súa renuncia á presidencia da Deputación de Lugo tralas denuncias de acoso sexual na canle interna do PSOE. Efrén Castro, do BNG, asume provisionalmente a presidencia | Deixa a Presidencia, pero mantense como deputado provincial, polo que o seu voto vai ser determinante na elección da persoa que o suceda, que aínda non está acordada. José Tomé tamén segue como alcalde de Monforte, como non adscrito, trala súa saída do PSOE | O presidente do Parlamento pide evitar os extremismos políticos na tradicional cerimonia que conmemora o traslado dos restos do Apóstolo Santiago dende Palestina ata onde está agora na Catedral
José Tomé formaliza a súa renuncia á presidencia da Deputación de Lugo tralas denuncias de acoso sexual na canle interna do PSOE. Efrén Castro, do BNG, asume provisionalmente a presidencia | Deixa a Presidencia, pero mantense como deputado provincial, polo que o seu voto vai ser determinante na elección da persoa que o suceda, que aínda non está acordada. José Tomé tamén segue como alcalde de Monforte, como non adscrito, trala súa saída do PSOE | O presidente do Parlamento pide evitar os extremismos políticos na tradicional cerimonia que conmemora o traslado dos restos do Apóstolo Santiago dende Palestina ata onde está agora na Catedral. O arcebispo reclámalle ás institucións que atendan a crise da vivenda e a acollida dos migrantes | Remata 2025 e hoxe imos lembrar unha das noticias do ano. O agosto negro dos incendios forestais. Foron os máis extensos que se recordan.
José Tomé formaliza a súa renuncia á presidencia da Deputación de Lugo tralas denuncias de acoso sexual na canle interna do PSOE | Deixa a Presidencia, pero mantense como deputado provincial e como alcalde de Monforte | O presidente do Parlamento pide evitar os extremismos políticos na tradicional cerimonia que conmemora o traslado dos restos do Apóstolo Santiago dende Palestina | Remata 2025 e hoxe imos lembrar unha das noticias do ano. O agosto negro dos incendios forestais
Continuamos baixo a influencia de altas presións. Por iso, haberá alternancia de ceos solleiros con nubes. Haberá néboas e xeadas nas zonas do interior propiciadas polas temperaturas mínimas que non experimentan grandes cambios. No centro da provincia de Lugo a AEMET activou o aviso amarelo por néboas que limitan a visibilidade a 200 metros. As máximas roldarán os 15 graos nas principais cidades de Galicia, excepto na cidade lucense que se quedarán nos 11. Pouco vento en xeral, soprará frouxo e de dirección variable.
Rúas cheas de visitantes e ocupacións do 90 por cento en hoteis e restaurantes nas fins de semana e os festivos. Vigo consolida, grazas á iluminación de Nadal, o liderado turístico nestas datas fronte a outras cidades | Nestes días de vacacións escolares, multiplícanse as actividades para entreter aos pequenos e para que os pais poidan ter un respiro. Obradoiros variados, pistas de xeo, parques de atraccións... Estamos na metade do período sen colexio e moitos pais xa están desexando a volta das clases | O Celta pecha un ano de estabilidade deportiva, da man do adestrador Claudio Giráldez, e de éxitos, sobre todo polo regreso do equipo á competición europea | Visitamos un belén de trinta metros cadrados cheos de figuriñas de playmobil. Dez mil figuras que simulan unha aldea imaxinaria que se parece moito á Coruña e nos convidan a visitala
Rúas cheas de visitantes e ocupacións do 90 por cento en hoteis e restaurantes nas fins de semana e os festivos. Vigo consolida, grazas á iluminación de Nadal, o liderado turístico nestas datas fronte a outras cidades | Nestes días de vacacións escolares, multiplícanse as actividades para entreter aos pequenos e para que os pais poidan ter un respiro. Obradoiros variados, pistas de xeo, parques de atraccións... Estamos na metade do período sen colexio e moitos pais xa están desexando a volta das clases | Visitamos un belén de trinta metros cadrados cheos de figuriñas de playmobil. Dez mil figuras que simulan unha aldea imaxinaria que se parece moito á Coruña e nos convidan a visitala
Rúas cheas de visitantes e ocupacións do 90 por cento en hoteis e restaurantes nas fins de semana e os festivos. Vigo consolida o liderado turístico nestas datas | Nestes días de vacacións escolares, multiplícanse as actividades para entreter aos pequenos e para que os pais poidan ter un respiro | O Celta pecha un ano de estabilidade deportiva e de éxitos, sobre todo polo regreso á competición europea | Visitamos un belén de trinta metros cadrados cheos de figuriñas de playmobil. Dez mil figuras que simulan unha aldea imaxinaria que se parece moito á Coruña e nos convidan a visitala
A semana comeza con influencia das altas presións. Polo que se esperan ceos pouco nubrados ou despexados. Pode haber néboas e xeadas matinais propiciadas polas baixas temperaturas das primeiras horas do día. En Lugo os termómetros rexistraron de madrugada 2 graos negativos. As temperaturas máximas superarán os 15 graos en Ferrol, Vigo, Santiago, Pontevedra e A Coruña. En Ourense quedaranse en 14 e en Lugo en 13 graos. O vento soprará frouxo de dirección variable.
Estamos ante un dos Nadais máis fríos dos últimos anos. Esta madrugada os termómetros rexistraron 8 graos negativos en Manzaneda, pero segundo os meteorólogos o que máis chama a atención son as baixas temperaturas máximas | A Garda Civil investiga a morte de dúas persoas, un home de 49 anos e o seu fillo de 21, nunha vivenda de Mugardos. Os seus familiares non sabían deles desde o día de Noiteboa. O interior da casa estaba afectado por un incendio e sospéitase que o falecemento das dúas persoas puido ser debido á inhalación de gases do lume | Os donos de salas de festas e discotecas calculan que entre fin de ano e a véspera de Reis vanse celebrar unhas 250 festas ilegais en Galicia. Serían un 22 % menos que o ano pasado. O máis habitual é que sexan en locais de hostalaría que non teñen licenza para facelas | Xenocidio é a palabra do ano que máis votaron os galegos no concurso do Portal das Palabras que promoven a Real Academia Galega e a Fundación Barrié. Foliada foi o segundo termo escollido e lume o terceiro
Estamos ante un dos Nadais máis fríos dos últimos anos. Esta madrugada os termómetros rexistraron 8 graos negativos en Manzaneda | A Garda Civil investiga a morte de dúas persoas, un home de 49 anos e o seu fillo de 21, nunha vivenda de Mugardos. Os seus familiares non sabían deles desde o día de Noiteboa. O interior da casa estaba afectado por un incendio | Os donos de salas de festas e discotecas calculan que entre fin de ano e a véspera de Reis vanse celebrar unhas 250 festas ilegais en Galicia. Serían un 22 % menos que o ano pasado | Xenocidio é a palabra do ano que máis votaron os galegos no concurso do Portal das Palabras que promoven a Real Academia Galega e a Fundación Barrié
Esta madrugada os termómetros rexistraron 8 graos negativos en Manzaneda, pero o que máis chama a atención son as baixas temperaturas máximas | A Garda Civil investiga a morte de dúas persoas, un home de 49 anos e o seu fillo de 21, nunha vivenda de Mugardos. Os seus familiares non sabían deles desde o día de Noiteboa | Os donos de salas de festas e discotecas calculan que entre fin de ano e a véspera de Reis vanse celebrar unhas 250 festas ilegais en Galicia | Xenocidio é a palabra do ano que máis votaron os galegos no concurso do Portal das Palabras
Alternancia de nubes e claros con chuvascos durante a mañá polo paso dun centro de baixas presións. A medida que avanza o día, as precipitacións abandonarán a comunidade. Nalgúns puntos poden ser en forma de neve porque a cota descende ata os 500 metros. Continúa o frío, cunha baixada das temperaturas mínimas, que poden ser, incluso, negativas en Lugo; e un lixeiro ascenso das máximas. Oscilarán entre os 9 graos de Santiago e os 12 de Pontevedra, Ourense, Vigo e A Coruña. Os ventos soprarán de compoñente leste.
Moita actividade esta mañá nos mercados, a poucas horas da cea de Noiteboa. Apurando as últimas compras para unha das reunións familiares máis tradicionais. Hoxe todo está un pouco máis caro | Os que anticiparon a preparación da cea ou teñen a sorte de que cociñen por eles, están xa de festa. Rúas e prazas de toda Galicia están arestora cheas de xente que comezou cun aperitivo que, en moitos casos, se vai prolongar ata a noite | Día de reencontros familiares e con amizades. Unha data especial para as persoas que viven lonxe dos seus fogares e aproveitan para volver a casa. Nos aeroportos hai moito movemento e, sobre todo, moitas emocións | Visitamos o Belén de Valga, a maior representación do nacemento artesanal con movemento de Galicia. 4.000 figuras ás que lle dan vida 300 motores. Combina a tradición do Nadal coa retranca social e política
Moita actividade esta mañá nos mercados, a poucas horas da cea de Noiteboa. Apurando as últimas compras para unha das reunións familiares máis tradicionais| Rúas e prazas de toda Galicia están cheas de xente que comezou cun aperitivo que, en moitos casos, se vai prolongar ata a noite | Día de reencontros familiares e con amizades. Unha data especial para as persoas que viven lonxe dos seus fogares | Visitamos o Belén de Valga, a maior representación do nacemento artesanal con movemento de Galicia. Combina a tradición do Nadal coa retranca social e política
Moita actividade esta mañá nos mercados, a poucas horas da cea de Noiteboa | Os que anticiparon a preparación da cea ou teñen a sorte de que cociñen por eles, están xa de festa| Día de reencontros familiares e con amizades. Unha data especial para as persoas que viven lonxe dos seus fogares e aproveitan para volver a casa | Visitamos o Belén de Valga, a maior representación do nacemento artesanal con movemento de Galicia