Pasear, facer exercicio, e recuperar o contacto interpersoal. Son Actividades que pouco a pouco volven ser cotiás para miles de usuarios dos centros de día, co alivio das restricións. Mentres a incidencia da Pandemia segue a baixar con menos casos activos e menos hospitalizados. // Alberto Núñez Feijóo Confirmou que optará a continuar ao frente do PP de Galicia no congreso que a organización celebrará o próximo mes. // Acaba de ser galardoada como "mellor invención española". E a primeira padiola robotizada para persoas con mobiliade reducida patentada a nivel internacional. Hoxe presentouse en Santiago este invento que podería mellorar a calidade de vida das persoas encamadas. // Sementes en cápsulas intelixentes e drons para chegar aos puntos de máis difícil acceso. Son técnicas para repoboar estes montes arrasados polo lume en 2017 en Cerdedo-Cotobade. A tecnoloxía convértese en aliada funtamental para a recuperación da zona cunhas 10 mil arbores autóctonas. 01-06-2021
Empezaron a sair ao mar os primeiros barcos con toda a tripulación vacinada, algo que o sector levaba meses reclamando, polo risco de contaxio ao traballaren e convivir en espazos moi reducidos.
Vacinacións masivas, hoxe en varias areas sanitarias, a persoas entre 50 e 59 anos, co fármaco de Janssen, o que só necesita unha dose. O Sergas conta con recibir esta semana novas remesas para administrar máis de 200.000 vacinas, e prevé empezar xa cos menores de 50. // Máis da mitade da poboación prevista para vacinar recibíu xa alomenos unha dose . Así o destacou o presidente da Xunta, que se pronunciou tamén a favor da posibilidade de vacinar aos turistas, un reclamo positivo para potenciar ao sector, pero advirtíu que a día de hoxe non é posible. // A nova tarifa da luz está na axenda política. O BNG demanda o Goberno central un IVE reducido a luz . Os socialistas afirman que o Goberno xa quere poñer coto os beneficios das eléctricas e o Partido Popular califica a suba prevista da tarifa de "machadazo fiscal". 31-05-2021
A semana comenza con moito calor, pero tamen con inestabilidade atmosférica. Conforme avanza o día irán chegando nubes de evolución que deixarán chubascos localmente tormentosos, máis probables no interior. 31-05-2021
Volven as vacinacións masivas, a persoas entre 50 e 59 anos, e nesta ocasión en varias áreas sanitarias o fármaco que se administra é o de Janssen, o que só necesita unha dose. O Sergas conta con recibir esta semana novas remesas para administrar 150.000 vacinas. // Empezan a saír xa ao mar os primeiros baros con toda a poboación vacinada. O sector levaba meses reclamando este proceso, ante o especial risco de contaxio de quenes traballan e conviven durante meses en espazos moi reducidos. //.Un novo espazo recreativo unido por unha ponte entre Tomiño, en Galicia e Vilanova da Cerveira, no norte de Portugal. Será o parque da Amizade, promovido por institucións de ambos países, como O maior proxecto de ocio transfronteirizo en Europa. // O Lugo seguirá un ano máis na Segunda División, tras salvarse onte á noite na ultima xornada contra ao Rayo Vallecano. Os lugueses venceron por un a cero nun partido no que só lles valía a victoria para manter a categoría e no que sufriron ata o último minuto. 31-05-2021

O Sergas dá a elixir e pide que asinen un consentimento informado. Mentres, o ministerio de Sanidade insta ás comunidades a que a opción por defecto debe ser Pfizer.
FOTO: EFE/ Brais Lorenzo
Polémica por cómo se está a administrar a segunda dose aos menores de 60 que recibiran a primeira de AstraZeneca. O Sergas da a elexir e pide que asinen un consentimento informado. Mentres, O ministerio de Sanidade insta ás comunidades a que a opción por defecto debe ser Pfizer. // Ducias de alumnas e profesoras da Universidade Popular de Ourense colapsaban este mediodía o rexistro municipal. Facíano presentando centos de escritos pedíndo que non peche esta institución que leva aberta 26 anos. // Os galegos reciclamos máis no 2020, segundo o balance da empresa Ecoembes e da Consellería de Medio Ambiente. Os positivos están relacionados co incremento do número de colectores amarelos e azuis. // O xornalista pontevedrés José Martínez Couselo faleceu esta madrugada en Santiago. Cronista de referencia na transición, traballou neste centro Territorial de TVE en Galicia, onde ocupou a xefatura de informativos. 28-05-2021
Temos por diante unha fin de semana de sol e calor con temperaturas ata 10 graos por riba do habitual nesta época, sen descartar a posibilidade dalgún chubasco localmente tormentoso. 28-05-2021
Arrecia a polémica pola segunda dose aos que recibiron a primeira con AstraZeneca. A consellería de Sanidade asegura que está a cumplir o acordo ao deixar elexir mediante consentimento informado. O ministerio recorda ás comunidades que a opción por defecto aos menores de 60 debe ser Pfizer. // As normas de restrición vanse manter sen cambios, alomenos ata a semana que ven, unha vez ampliadas as reunións a seis persoas no interior e dez en exterior. Así o decidíu o comité que asesora á Xunta, Mentres os datos da Pandemia continúan a mellorar, coa menor presión hospitalaria dende agosto pasado. // Un ano despois de que Alcoa anunciase o seu peche, a fábrica de Aluminio de San Cibrao sigue en funcionamento, e, trala anulación do ERE, os traballadores confían no proceso de venda a través da Sepi. // A séptima arte, máis alá das habituais propostas de Hollywood. A Mostra de Cinema periférico arranca hoxe na Coruña, para formar e dar a coñecer outro tipo tipo de cine. 28-05-2021

Primeiras vacinacións, nos hospitais de Ourense, coa segunda inoulación aos menores de 60 que recibiran AZ, que prefiren repetir co fármaco dese laboratorio en vez de cambiar a Pfizer.
A gran maioría prefire repetir con AstraZeneca. Son os menores de 60 anos que recibiran a primeira dose desa marca, e que hoxe acudían, en Ourense, a ser vacinados coa segunda, despois de deixar constar por escrito da sua opción. Nos próximos días o proceso extenderase ao resto de Galicia. // O Conselleiro de Sanidade pide un novo esforzo ás zonas con limitacións, para evitar que aumente a incidencia e aclara que as novas medidas entrarán en vigor cando o autorice o Tribunal Superior. // A Armada practica en Ferrol un exercicio de seguridade marítima para loitar contra o narcotráfico. Escenificouse a abordaxe ao buque Christina dende un patrulleiro da Armada. // O Marisquiño volve a Vigo o próximo mes de agosto con 4 espazos burbulla coa capacidade limitada e, aínda que o accesoseguirá sendo de balde, as entradas estarán numeradas. 27-05-2021
Primeiras vacinacións, nos hospitais de Ourense, coa segunda dose aos menores de 60 que recibiran AstraZéneca. A maioría prefiren repetir co fármaco dese laboratorio en vez de cambiar a Pfizer. // Os traballadores de Navantia Piden carga de traballo para o estaleiro, que non ten novos encargos ata dentro de máis dun ano. Ferrol sitúase no informe do INE cunha taxa de actividade que non chega ao 50 por cento, a máis baixa de España, e a de maior índice de paro de Galicia. //. Experimentos para visualizar as vías de contaxio da Covid e comprobar a eficiencia das máscaras. E Galiciencia, a feira científica para escolares, que se celebra de novo en liña, coa participación de 55 proxectos de investigación de estudantes de secundaria e 18 de primaria. //.Magos e magas de todo o mundo xeran ilusión en distintos escenarios. É o festival Lugomáxico, que enche de trucos variados a cidade, nunha nova edición adaptada á pandemia. Entre as estrelas invitadas, Dani Daortiz, considerado un dos mellores do mundo na modalidade de maxia de preto. 27-05-2021

Una fronte achégase hoxe a Galicia polo Atlántico, ainda que non deixará máis que algunha precipitación illada ocasional, mentres as temperaturas ascenden de forma xeral, e poden subir ata os 30 graos en Ourense. 27-05-2021
É o primeiro en España que experimenta coa tecnoloxía 5G para axudar á condución dos vehículos
Ata dez persoas non convinventes poderán xuntarse no exterior e ata seis no interior, a partir do sábado. É a nova normativa aprobada pola Xunta. Amplíase tamén do 50 ao 75 por cento a cabida permitida en comercios, actividades culturais ou congresos. Na hostalaría mantéñense as normas vixentes e segue a prohibición de xuntarse entre a unha e as seis da madrugada. // Os traballadores do BBVA están hoxe de folga. Manifestáronse polo centro da Coruña para protestaren polo ERE que anunciou o banco. Propoñen, para que non se produzan despedimentos, a prexubilación dos maiores de 58 anos, que en Galicia serían 128 empregados. A dirección da empresa plantexaba botar á rúa 122 persoas // Xa é posible facer o Camiño de Santiago selando a credencial de forma dixital a través dunha aplicación móbil que presentou hoxe a catedral de Santiago. A credencial dixital non fará desaparecer a tradicional en formato papel, xa que ambas convivirán, pero busca proporcionar ao peregrino un Camiño máis seguro en tempos de pandemia. 26-05-2021
Continúa o predominio das altas presions, con ceos despexados e algún intervalo de nubes altas. As temperatuas experimentan un ascenso, máis acusado no sur, ata 28 graos en Ourense. 26-05-2021
Os menores de 60 anos que recibiron a primeira dose de AstraZeneca optan masivamente por repetir con esa marca para a segunda. Empezarán a ser vacinados a partir do domingo, con dúbidas de se haberá suministro para todos. // Hoxe repuntan lixeiramente os novos contaxios, 130 máis, aínda que os casos activos seguen á baixa. A Pobra do Caramiñal volverá a máximas restriccións a partir do sábado, xunto co concello de Mos, onde 5.000 veciños están citados a un cribado. // O túnel do Cereixal na autovía A-6 é o primeiro en España que experimenta a tecnoloxía 5G para axudar á condución dos vehículos. Este treito presentado hoxe, pode avisar aos conductores da presenza de peóns, fume ou vehículos en dirección contraria. // Ela, con traxe rexional e él vestido coma o pirata Jack Sparow. A voda de Berto e María, que quedara frustrada en abril por problemas pola sua vestimenta, puido ter hoxe, por fin, remate feliz nos xulgados de Vigo. 26-05-2021