Continúa a chuvia logo dunha fin de semana de fortes trebóns. Ceos anubrados en toda a Comunidade e chuvascos intermitentes que poderían ir acompañados de sarabia e aparato eléctrico. As temperaturas mínimas descenden e inda podemos falar de neve a partir dos 1.100 metros de altitude pola noite. 10-05-2021
As apertas, e os bicos volven hoxe ás residencias de maiores. Logo de máis dun ano de limitacións, o novo protocolo permite recuperar o contacto físico entre visitantes e usuarios, unha vez que todos teñen a inmunización completa.. // A decisión sobre as medidas aprobadas pola Xunta para sustituir ao estado de Alarma está xa en mans do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. O aspecto máis polémico, a prohibición de xuntanse non conviventes nos domicilios a partir da unha da mañá. // Segue en Vigo, a cidade con maior incidencia, a busca de novos positivos mediante cribados, esta vez entre os traballadores do Porto. Soben a 10 os contaxios confirmados de cepa india e hai dous buques con mariñeiros confinados.//O Obradoiro retén a condición de equipo de máxima categoría, coa vitoria sobre o Estudiantes, un rival directo, por 83 a 94. O Celta consegue tamén un triunfo sobre o Villareal que lle abre posibilidades de soñar con postos europeos. 10-05-2021

Adeus ao toque de recollida e ao peche perimetral da comunidade e horarios máis amplos para a hostalaría
Só algunha chuvia ocasional e alternancia de nubes e claros, hoxe. A partir de mañá unha nova borrasca dende o Atlántico deixará chuvias xeneralizadas, que seguirán o domingo e serán localmente fortes sobre todo no oeste da comunidade. 07-05-2021

Alivio pero tamén moita cautela. Así se reciben na rúa as novas medidas que sustituen ao estado de alarma a partir domingo, e dan un paso máis cara a normalidade. Horarios máis amplos para a hostalaría, sen toque de recollida e eliminación dos límites para entrar e sair da comunidade. //As restricións de mobilidade desaparecen en prácticamente toda Galicia, agás os concellos no nivel máximo, entre eles o de Padrón, que pasará a fin de semana en confinamento perimetral, ante o aumento da incidencia rexistrada. // Taballadores da planta das Pontes piden que se paralicen os traslados de persoal por parte de Endesa, no que consideran Transición xusta, unha vez desbotado definitivamente o cambio a produccion con biocombustibles. // As Rías rexistran o momento máis intenso da marea vermella, que obriga a manter pechados a maioría dos polígonos de mexillón. A tendencia é a estabilización e a mellora deste fenómeno natural para a vindeira semana. 07-05-2021

Os bares poderán abrir ata as once da noite e os restaurantes ata a 1. A partir do sábado, a Xunta establece o fin do peche perimetral da comunidade e do toque de recollida, ainda que coas reunións en domicilios limitadas a conviventes a partir da 1 da madrugada. Unha nova fase da desescalada, que terá que contar coa autorización do Tribunal Superior de Xustiza. // O toque de recollida seguirá vixente, xunto co peche perimetral, nos concellos co máximo nivel de restricións, aos que se suma o de Padrón. A alta incidencia afecta tamén aos de Cambados e Vilanova, Na comarca do Salnés, que os responsables sanitarios atribúen a actividade turística e a mobilidade derivada da pesca. // A Plataforma S.O.S Sanidade Pública recolle sinaturas para que a Comisión europea apoie a liberación das patentes das vacinas, igual que acaba de anunciar Estados Unidos. // Sobe a oito o número de afectados polo gromo de variante india detectado nun barco atracado en Vigo. Tamén se acaba de detectar a variante india nunha muller que chegou a esa cidade desde Nova Delhi a través do aeroporto de Madrid. 06-05-2021
Vento do suroeste, que trae humidade dende o mar, e que deixa ceos moi anubrados e chuvias febles, máis frecuentes cerca do litoral. A tendencia é que se vaian abrindo claros a medida que avance a tarde. As temperatura soben, ata 24 graos en Ourense, e as mínimas, de 10, en LugO. 06-05-2021
Cambios nos horarios da hostalaría e outras normas que sustitúan as restricións impostas polo estado de Alarma. E o que decide arestora o Comité Clínico da Xunta. // O concello de Cambados súmase aos que están no nivel máximo de restricións. Os responsables sanitarios atribúen a actividade turística e pesqueira a maior incidencia na comarca do Salnés. // Os novos contaxios rexistran un aumento, ata 225 nas últimas horas, mentres descenden a 197 os pacientes ingresados, 48 nas UCI. A taxa de positividade sobe ao 3 por cento e os casos activos quedan en 3.072. // Aumentan as denuncias por plantacións de eucalipto en zonas protexidas ou en terras agrarias, prohibidas na lei de montes actualmente en vigor. A Xunta tramitou nos últimos anos máis de 1.700 expedientes sancionadores por este motivo 06-05-2021

Pendentes da decisión das autoridades sanitarias sobre as medidas que rexirán cando remate o estado de alarma, mentres segue a vacinación masiva, con Máis de 40.000 persoas citadas nun so día. Entre elas, o presidente da Xunta, que recibíu AstraZeneca, como corresponde ao seu grupo de idade. Feijóo di que as restriccións na hostalaría se poderán relaxar, pero falta concretar cómo se controlará o cumplimento // Os dirixentes políticos galegos extraen conclusións dos resultados electorais en Madrid nos que Isabel Díaz Ayuso foi a gran vencedora, e a esquerda resultou debilitada. // As liñas aereas lanzan voos a baixo custo para reactivar o turismo unha vez rematado o estado de alarma. Galicia incrementará de cara o verán 40 rutas aereas. // Entrega esta tarde dos Premios de Arquitectura e Rehabilitación de Galicia 2020. No acto, Houbo un recoñecemento Especial á Traxectoria profesional de Manuel Gallego Jorreto, que non pudo recollelo persoalmente pero enviou unha mensaxe defendendo a arquitectura como un xeito de facer a vida mellor. 05-05-2021
O Sergas realiza hoxe e mañá cribados con PCR nos mercados de Vigo, a área sanitaria galega máis castigada neste momento pola covid. Unha iniciativa pioneira en Galicia e que busca detectar novos asintomáticos.
A vacinación masiva avanza con máis de 40.000 doses administradas nun so día. Entre elas, a do presidente da Xunta, que recibíu AstraZeneca, como corresponde ao seu grupo de idade. A Xunta estuda cómo quedará o control das medidas sanitarias, unha vez que remate o Estado de Alarma. // En San Cibrao, os Traballadores de Alcoa deciden hoxe, nunha nova asamblea se retoman as mobilizacións, ao rematar, de momento sen resultado, o prazo para negociar a venda da Factoría entre Alcoa e a Sepi. // Galicia e a comunidade coa maior baixada do paro en abril, con 9.941 desempregados menos, unha caída de cinco puntos e medio. O total de parados rexistrados na nosa comunidade acada os 170.000. // A Pandemia triplica a demanda de vivendas prefabricadas. Unha empresa de CArballo e lider en España da producción de vivendas que se poden construir e instalar en so seis meses. 05-05-2021
Lixeiro cambio no tempo con ceos anubrados e orballos. O vento do oeste achega humidade dende o mar. Temperaturas mínimas en notable ascenso por riba dos 10 graos e máximas sen cambios. 05-05-2021
A vacinación masiva avanza con máis de 40.000 doses administradas nun so día. Entre elas, a do presidente da Xunta, que recibíu AstraZeneca, como corresponde ao seu grupo de idade. A Xunta estuda cómo quedará o control das medidas sanitarias, unha vez que remate o Estado de Alarma. // En San Cibrao, os Traballadores de Alcoa deciden hoxe, nunha nova asamblea se retoman as mobilizacións, ao rematar, de momento sen resultado, o prazo para negociar a venda da Factoría entre Alcoa e a Sepi. // Galicia e a comunidade coa maior baixada do paro en abril, con 9.941 desempregados menos, unha caída de cinco puntos e medio. O total de parados rexistrados na nosa comunidade acada os 170.000. // A Pandemia triplica a demanda de vivendas prefabricadas. Unha empresa de CArballo e lider en España da producción de vivendas que se poden construir e instalar en so seis meses. 05-05-2021
Galicia comeza unha nova vacinación masiva fronte á covid-19 en 14 grandes recintos de todas as áreas sanitarias
Ambiente de traballo intenso nos 14 grandes centros de vacinación das sete areas sanitarias, no arranque dunha semana na que o Sergas espera acelerar o proceso. As persoas que recibiron polo menos unha dose supoñen xa o 30 por cento de toda a poboación de Galicia. // O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia anula o despedimento dun traballador ó que botaron do traballo o mesmo día que foi pai. A empresa terá que readmitilo por vulnerar o seu dereito á igualdade e á non discriminazión por razón de sexo. // Sumrrá, unha das bandas máis emblemáticas do Jazz en Galicia, cumpre 21 anos. Co seu novo disco "7 Visións" sacan un produto feito no tempo do confinamento. Agora volven ás salas, esta vez xa con público, e con gañas de seguir tocando por moitos anos máis. Dende esta semana (abril) está tamén dispoñible nas plataformas de streaming. 04-05-2021
Equipos duplicados nos 14 grandes centros de vacinación das sete areas sanitarias. É o arranque dunha semana na que o Sergas espera acelerar o proceso. As persoas que recibiron polo menos unha dose supoñen xa o 30 por cento de toda a poboación de Galicia. / /Lixeira repunta nos novos contaxios, ao detectarse 125 nas últmas horas, ainda que os casos activos mantéñense á baixa, con pouco máis de 3.000 o que confirma a tendencia a estabilización da pandemia. Tamén baixan os pacientes nas UCI, a 47. // As repobacións con eucaliptos dispáranse nos últimos meses, a partir do anuncio, por parte da Xunta, dunha moratoria para frear a expansión desta especie, e que xa comenzou a sua tramitación no Parlamento // "A roupa non ten xénero". Baixo ese lema, alumnos e profesores dos centros educativos de Bueu tomaron hoxe as rúas...vestidos con saias.. Por iniciativa de catro de alumnas de Bacharelato, para reivindicar máis tolerancia e dicir non aos estereotipos de xénero. 04-05-2021