Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Galicia entra nunha situación intermedia entre as altas e as baixas presións e ventos do oeste que achegarán humidade dende o mar. Ceos anubados con chuvias que aumentarán pola noite na franxa atlántica. 04-05-2021

Equipos duplicados nos 14 grandes centros de vacinación das sete areas sanitarias. É o arranque dunha semana na que o Sergas espera acelerar o proceso. As persoas que recibiron polo menos unha dose supoñen xa o 30 por cento de toda a poboación de Galicia. / /Lixeira repunta nos novos contaxios, ao detectarse 125 nas últmas horas, ainda que os casos activos mantéñense á baixa, con pouco máis de 3.000 o que confirma a tendencia a estabilización da pandemia. Tamén baixan os pacientes nas UCI, a 47. // As repobacións con eucaliptos dispáranse nos últimos meses, a partir do anuncio, por parte da Xunta, dunha moratoria para frear a expansión desta especie, e que xa comenzou a sua tramitación no Parlamento // "A roupa non ten xénero". Baixo ese lema, alumnos e profesores dos centros educativos de Bueu tomaron hoxe as rúas...vestidos con saias.. Por iniciativa de catro de alumnas de Bacharelato, para reivindicar máis tolerancia e dicir non aos estereotipos de xénero. 04-05-2021

Case un cuarto de millón de doses a maiores de 60 anos. É o obxetivo de vacinación do Sergas para esta semana, a última na que está en vigor o Estado de Alarma. O presidente da Xunta anticipaba así qué pasará despois. // Xa son catro os mariñeiros do buque "Prometeus Leader " contaxiados por covid 19, hospitalizados na clínica Fátima de Vigo. Os catro permanecen estables. O servizo de Microbioloxía confirmaba esta fin de semana a presenza da cepa india da covid na tripulación do buque, atracado no porto de Vigo. // Asamblea dos traballadores de Alcoa en San Cibrao, para analizar a situación do proceso de venda da fábrica, despois de que o venres rematase o prazo acordado para pechar a compra por parte da Sepi. O non haber acordo, os traballadores deciden se retoman as mobilizacións.. // 03-05-2021

Baixan os casos activos, e hai menos contaxios novos e menos hospitalizacións, ainda que cun paciente máis na UCI. Son os datos da evolución da Pandemia, cando empeza a última semana de vigor do Estado de Alarma. O Sergas prevé acelerar o ritmo de vacinación ata chegar as 245.000 doses ata o domingo. // En Pontevedra arrancan as obras para a construcción do novo hospital de Montecelo, que permitirá aumentar unificar a actividade asistencial, con 120 camas mais, e duplicar as unidades de urxencias. // Unha rara enfermidade xenética causalles dificultade respiratoria e outros transtornos. Son dúas irmás da Porqueira, que protagonizan unha campaña a favor que doentes como elas teñan prioridade para a vacinación, máis alá dos grupos de idade. // As Guerreiras Laxanxas suman un novo triunfo ao seu historial. Por terceiro ano consecutivo, o Burela de Futbol Sala feminino gaña a copa da Raíña. 03-05-2021

A semana comenza con predominio da estabilidade. Xornada con ceo pouco anubado ou despexado con néboas matinais no interior. Ascenso de temperaturas, máis acusado nos valores diurnos. 03-05-2021

Baixan os casos activos, e hai menos contaxios novos e menos hospitalizacións, ainda que cun paciente máis na UCI. Son os datos da evolución da Pandemia, cando empeza a última semana de vigor do Estado de Alarma. O Sergas prevé acelerar o ritmo de vacinación ata chegar as 245.000 doses ata o domingo. // En Pontevedra arrancan as obras para a construcción do novo hospital de Montecelo, que permitirá aumentar unificar a actividade asistencial, con 120 camas mais, e duplicar as unidades de urxencias. // Unha rara enfermidade xenética causalles dificultade respiratoria e outros transtornos. Son dúas irmás da Porqueira, que protagonizan unha campaña a favor que doentes como elas teñan prioridade para a vacinación, máis alá dos grupos de idade. // As Guerreiras Laxanxas suman un novo triunfo ao seu historial. Por terceiro ano consecutivo, o Burela de Futbol Sala feminino gaña a copa da Raíña. 03-05-2021

O concello ourensán de Láza pasa ao nivel máximo de restricións, e súmase, a partir do luns, aos de Cualedro e Vilanova de Arousa que se manteñen nesta situación. Así o decidíu hoxe o comité clínico que asesora á Xunta, ao superar a incidencia acumulada de 250 casos por 100.000 habitantes. // Malia que Portugal vai abrir as fronteiras mañá, o peche perimetral de Galicia vai impedir ós veciños lusos e galegos moverse libremente polos dous países por motivos de lecer. Os comerciantes da raia levan meses reclamando un trato especial para este territorio. // O presidente da Xunta plantéalle un pacto de Estado para Ferrol á vicepresidenta do Goberno, a galega Nadia Calviño. Na reunión que qeu hoxe mantiña en Madrid coa tamén responsable de asuntos económicos, Feijóo defendeu tamén os 300 proxectos galegos que aspiran a recibir fondos Next Generation. 30-04-2021

Maio estréase con auga. A inestabilidade atmosférica fará que os chuvascos se estendan por toda a Comunidade. As temperaturas, sen cambios. As máximas rondarán os 17 graos e as mínimas poden baixar ata os 3. 30-04-2021

As análises revelarán nas próximas horas se o 6 positivos rexistrados a bordo do buque confinado en Vigo corresponden á variante india do virus. Os expertos din que non é máis perigosa que as outras, pero advirten da importancia da vacinación xeral para evitar rebrotes dende distintas procedencias do mundo. // Baixan lixeiramente os casos positivos pero aumentan a 49 os ingresados nas UCI. Entre os novos casos, volve a haber, logo de máis dun mes, seis contaxios entre usuarios dun centro de maiores, en Chantada, e dous profesionais. // Reabre ao tráfico o túnel do Folgoso, na A-52, a altura do concello da Cañiza, logo de tres meses pechado, tralo incendio dun camión que transportaba vehículos. // Un grupo de investigadoras do Campus de Lugo busca un modelo xenético de peixe cebra que sirva para o estudo e tratamento das enfermedades ultrararas. Un caso único en España, o do neno Pelayo, motiva esta investigación. 30-04-2021

O Grove e a Pobra do Caramiñal saen do nivel máximo a partir do venres, mentres Vigo queda no nivel medio. O Comité Clínico amplía de dous a sete días o período no que se consideran contactos estreitos en caso de contaxio. O conselleiro de Sanidade amosa preocupación por qué vai pasar cando se levante o estado de alarma, pero di que, pese ao leve aumento dos casos, a pandemia en Galicia segue a estar baixo control. // As residencias de maiores de Galicia son as que sofriron un menor impacto da pandemia de toda a península. Así o asegurou no Parlamento, onde rexeitou a proposta do BNG de que todos eses centros pasen a ser de xestión pública. // 3.600 axentes dedicaranse este verán a vixiar o Camiño de Santiago. Anunciouno o secretario de Estado de Seguridade, que mantivo unha xuntanza cos responsables en Galicia da Policía Nacional e a Garda Civil. 28-04-2021

Alivio de restriccións no Grove e a Pobra do Caramiñal, que saen do nivel máximo a partir do venres. O Comité Clínico mantén a Vigo no nivel medio e amplía de dous a sete días o rastrexo de contactos en caso de contaxio. // A Xestión das multas por non levar a máscara complícase para os concellos. Só o 3 por cento das sancións impostas por policías locais ata agora chegaron a ser cobradas, mentres comenza a haber sentezas xudiciais que cuestionan a sua legalidade. // Os efectos da pandemia pasan factura a Adolfo Domínguez, que duplica perdas durante o último ano, ata os 19 millóns de euros. As súas vendas caeron máis do 40 por cento nese período, pese a un crecemento do 20 por cento do comercio on line. // Unha novela de intriga con protagonista detective ao estilo de Sherlock Holmes. E "Los Misterios de Selva", unha novidade editorial, obra de Emilia Pardo Bazán, que permanecía inédita, e sae a luz cando se cumplen cen anos do pasamento da escritora. 28-04-2021

O aire frío nas capas altas mantén a intestabilidade, de xeito que se esperan ceos con alternancia de nubes e claros. Ao sureste pode haber algún chubasco tormentoso. Lixero descenso das temperaturas 28-04-2021