O fotógrafo australiano Mark Ritchie púxose como reto artístico facer fotografías abstractas de capas de papel hixiénico que recreasen as liñas e as ondas do mar. O resultado pode verse nunha exposición en Ourense na que plasma a súa fascinación polos océanos.
As Casas Niño, un modelo de atención á infancia deseñado para os concellos rurais galegos, son un servizo esencial para os pais de centos de nenos. Espazos moi familiares nos que os pequenos aprenden a convivir dende os primeiros meses de vida. Achegámonos a algunhas destas casas na provincia de Lugo.
Detrás do descenso das capturas de polbo nas rías galegas está, din no sector, o cambio climático que provoca o quecemento das augas. O cefalópodo busca agora mares máis fríos e con alimentos que favorezan a súa reprodución. Gran parte do polbo británico destínase á exportación. GettyImages
Ángeles Vázquez toma posesión por terceira vez como conselleira, neste caso de Política Social. O seu posto na consellería de Medio Ambiente é asumido por Nicolás Vázquez, anteriormente secretario xeral de Industria | O paro aumenta en case 20.000 persoas en Galicia no terceiro trimestre do ano, segundo os datos da EPA feitos públicos hoxe. Un aumento que se produce a pesar de que tamén se contabilizan 21.300 empregos máis, e que se explica polo incremento da poboación activa | Hoxe saen a poxa en Madrid cerca de 700 lotes de obxectos que a familia Franco retirou este verán do Pazo de Meirás. Hai mobles, cadros e recordos do ditador. Teñen un prezo de saída conxunto de 200.000 euros | As capturas de polbo en augas británicas supoñen xa catro veces máis que as de Galicia, ao superar as 3.700 toneladas no que vai de ano. O sector detecta un descenso progresivo da especie nas rías, debido ao aumento da temperatura do mar | O túnel do Hórreo, en Santiago, permaneceu pechado toda a mañá por un simulacro de accidente con lume e feridos. 27-10-2026
A chegada dunha fronte polo noroeste deixa chuvias durante a mañá nas provincias atlánticas e no norte da provincia de Lugo. Co avance da tarde, van remitindo quedando en forma de orballos, retirándose progresivamente cara ao sueste. As temperaturas máximas baixan sobre todo na Mariña. 27-10-2026
Ángeles Vázquez toma posesión como conselleira, neste caso de Política Social. O seu posto na consellería de Medio Ambiente é asumido por Nicolás Vázquez | O paro aumenta en case 20.000 persoas en Galicia no terceiro trimestre do ano, segundo os datos da EPA | Cerca de 700 lotes de obxectos que a familia Franco retirou do Pazo de Meirás este verán saen hoxe a poxa en Madrid | As capturas de polbo en augas británicas supoñen xa catro veces máis que as de Galicia | O túnel do Hórreo, en Santiago, pechado toda a mañá por un simulacro de accidente con lume e feridos. 27-10-2026
Cambios no equipo de Alfonso Rueda na Xunta. Ángeles Vázquez toma posesión por terceira vez, neste caso como nova conselleira de Política Social, para cubrir a marcha de Fabiola García. O seu posto na consellería de Medio Ambiente é asumido por Nicolás Vázquez, anteriormente secretario xeral de Industria | O paro aumenta en case 20.000 persoas en Galicia no terceiro trimestre do ano, segundo os datos da EPA feitos públicos hoxe. Un aumento que se produce a pesar de que tamén se contabilizan 21.300 empregos máis, debido ao incremento da poboación activa | Cerca de 700 lotes de obxectos que a familia Franco retirou do Pazo de Meirás este verán saen hoxe a poxa en Madrid. Colectivos memorialistas reclaman aclarar se algunhas pezas son patrimonio público ou proceden da etapa de Emilia Pardo Bazán | As capturas de polbo en augas británicas supoñen xa catro veces máis que as de Galicia, ao superar as 3.700 toneladas no que vai de ano. O sector detecta un descenso progresivo da especie nas rías, debido ao aumento da temperatura do mar. 27-10-2026
A medicina personalizada ou de precisión utiliza a información xenómica para facer diagnósticos ou para elixir o mellor tratamento para cada paciente. O CHUS acolle unhas xornadas científicas nas que o Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago presenta os proxectos que está desenvolvendo.
Ángeles Vázquez asume a consellería de Politica Social e Igualdade. Nicolas Vázquez Iglesias, ata agora secretario xeral de Industria será o novo conselleiro de Medio Ambiente. Ambos tomarán posesión mañá | De cara ao 29N, o BNG aspirar a aumentar a súa representación nas Cortes, para defender con máis forza, di, os intereses de Galicia. Poñen como exemplo ós deputados e senadores galegos de PP e Psoe que nunca presentaron unha iniciativa a favor de Galicia | Esta fin de semana cumprirase un mes da acampada pola vivenda na praza do Obradoiro, a primeira das que se instalaron en Galicia. Aseguran que a van manter de xeito indefinido. Polo que, de momento, non teñen intención de desmontala | A climatoloxía do verán e do comezo do outono auguran que a tempada de cogomelos non vai ser boa nin en cantidade nin en calidade. É unha campaña que só podería salvar que chovese e que se demorase o frío. 26-10-2026
Empezamos semana con tempo seco, con máis nubes no oeste e agora pola tarde con tendencia á apertura de claros. As temperaturas mínimas caeron ata máis de dous graos negativos en Calvos de Randín en Ourense. As máximas soben. Oscilarán entre os 17 graos previstos en Santiago e os 24 que agardan en Ourense. 26-10-2026
Ángeles Vázquez asume a consellería de Politica Social e Igualdade | Nicolas Vázquez Iglesias, ata agora secretario xeral de Industria será o novo conselleiro de Medio Ambiente | O consello da Xunta aproba a posta en marcha dun novo bono comercio | As protestas pola vivenda cumpren un mes e continúan as acampadas en Santiago, na praza do Obradoiro | A falta de precipitacións condiciona a escaseza de cogomelos no comenzo da tempada de recolección | o Celta empata co Betis nun partido intenso, pero sen goles no que Giráldez introducíu a Iago Aspas avanzada a segunda parte. 26-10-2026
O consello da Xunta aproba a posta en marcha dun novo bono comercio para respaldar a economía local | As protestas pola vivenda, tralo desafiuzamento de Maricarmen en Madrid, cumpren un mes e continúan as acampadas en Santiago, na praza do Obradoiro e noutros puntos de Galicia, mentres, os acampados na Porta do Sol, na capital de España, comenzan a debater sobre qué pasos dar | A falta de precipitacións condiciona a escaseza de cogomelos no comenzo da tempada de recolección. O cociñeiro arxentino de orixe italiana Alejandro Minguez ofrece as suas receitas para gozar da micoloxía | Na Xornada de Liga, o Celta empata co Betis nun partido intenso, pero sen goles, no que Giráldez introducíu a Iago Aspas avanzada a segunda parte. O Deportivo cae no Metropolitano por 1 a Cero ante o Atlético de Madrid, pese a un xogo valente co que plantou cara aos de Simeone. 26-10-2026
A parella de artistas, 'Los Bravú', expón en Santiago 'Agora hai terras de millo onde antes estaba Troia'. Pinturas que entroncan coa tradición, o simbolismo e a acumulación de imaxes, creadas para esta mostra, que pode visitarse na igrexa da universidade ata o 20 de novembro.
Cambio de hora esta fin de semana. Ás tres da madrugada do domingo teremos que atrasar o reloxo unha hora. Unha rutina que tenta aproveitar a luz solar e recortar o consumo enerxético. Son moitos os que a cuestionan, pero outros defenden a súa necesidade para adaptármonos mellor ás estacións e ao ritmo do sol. Eric Harlow | GettyImages
Dous golazos de Javi Rodríguez, en tan só tres minutos, que serven para certificar a remontada do Celta, en Glasgow. Primeiro triunfo europeo diante duns 3.000 seareiros celestes | Novo desencontro entre o Ministerio de Sanidade e a Xunta polas listas de espera. No Consello Interterritorial celebrado hoxe, Mónica García presentou unha proposta para reforzar a transparencia dos datos sanitarios | Ana Pontón, referiuse hoxe aos disturbios do pasado mércores na Coruña, durante as protestas contra un acto de Vox. responsabilizou o Goberno central das cargas policiais do pasado mércores na Coruña, durante as protestas contra un acto de Vox, que cualificou como brutais | Cambio de hora esta fin de semana. Ás tres da madrugada do domingo teremos que atrasar o reloxo unha hora. Son moitos os que a cuestionan, pero outros defenden a súa necesidade para adaptármonos mellor ás estacións e ao ritmo do sol | A parella de artistas, 'Los Bravú', expón en Santiago 'Agora hai terras de millo onde antes estaba Troia'. Pinturas que entroncan coa tradición, o simbolismo e a acumulación de imaxes. 23-10-2026
Logo do paso da borrasca Austen, Galicia queda nunha situación intermedia entre altas e baixas presións. Segue a alerta laranxa na costa no norte con ondas de máis de cinco metros. En terra, os ceos alternan nubes e claros, con posibilidade de chuvascos illados e ocasionais no norte e noroeste. As temperaturas sen cambios. 23-10-2026
Noite máxica para o Celta, cun gran Javi Rodríguez que fixo dous tantos en tres minutos, contra o Celtic na Europa League | Novo enfrontamento entre a Xunta e o Ministerio de Sanidade a conta do proxecto para facer máis transparentes as listas de agarda | Os presidentes da Xunta e do goberno de Castela e León, fan fronte común contra o goberno central, no Foro dos Ancares | Cambio de hora esta fin de semana. Ás tres da madrugada do domingo teremos que atrasar o reloxo unha hora | A parella de artistas, 'Los Bravú', expón en Santiago 'Agora hai terras de millo onde antes estaba Troia'. 23-10-2026
O celtismo desfruta dunha noite máxica no Celtic Park, de Glasgow, con dous golazos de Javi Rodríguez, en tan só tres minutos, que serven para certificar a remontada. Primeiro Triunfo europeo Diante duns 3.000 seareiros | Novo enfrontamento entre a Xunta e o Ministerio de Sanidade a conta do proxecto para facer máis transparentes as listas de agarda. O Goberno galego critica a falta de avances na unificación de criterios para publicalas | Os presidentes da Xunta e do goberno de Castela e León, fan fronte común ante o goberno central, no Foro dos Ancares, en Ponferrada. Os dous mandatarios vinculan as próximas eleccións coa posibilidade de desbloquear asuntos de interese común para ambas comunidades | O domingo cando sexan as tres da madrugada volverán a ser as dúas. Entramos de cheo no horario de inverno,un cambio que non se producía nunha data tan temperá dende 2020, e que os expertos defenden pola conveniencia de adaptarse as diferenzas na posta de sol ao longo do ano. 23-10-2026
Para investigar os delitos que afectan a menores e a mulleres, como por exemplo a pornografía infantil, as agresións sexuais ou a trata, a Garda Civil ten un equipo especializado: o EMUME. A súa prioridade é sempre escoitar sen revitimizar. E para iso é fundamental a empatía.
En Vigo, xa se pode mercar marisco conxelado sen entrar nun supermercado. Abonda con pasar por un aparcadoiro e achegarse a unha máquina expendedora. Pero non é o único produto inesperado que podemos atopar a golpe de botón. Hai comida para mascotas e mesmo material de pesca.