Galicia é a cuarta comunidade máis segura de España.
A xunta aproba a estratexia de discapacidade ata o ano 2.020, que contempla un investimento de 800 millons de euros.
Os empresarios galegos elixirán novo presidente na primeira quincena de xaneiro despois de que o actual José Manuel Fernández Alvarino se vise forzado a convocar eleccións pola división interna. (05/11/15)
Galicia é a cuarta comunidade máis segura de España. Así se reflexa no informe sobre a cantidade delictos cometidos nos primeiros nove meses do ano, feito público polo Ministerio do interior.
A xunta aproba a estratexia de discapacidade ata o ano 2.020, que contempla un investimento de 800 millons de euros. Igualmente aprobou un novo sistema para facilitar solo industrial a novas empresas.
Os empresarios galegos elixirán novo presidente na primeira quincena de xaneiro despois de que o actual, José Manuel Fernández Alvariño se vise forzado a convocar eleccións pola división interna. Fernández Alvariño censura o que califica de falta de lealtade. (05/11/15)
Galicia é a cuarta comunidade máis segura de España. Así se reflexa no informe sobre a cantidade delictos cometidos nos primeiros nove meses do ano, feito público polo Ministerio do interior. Diminuíron en todos os ámbitos e sitúan a taxa de criminalidade 16 puntos por debaixo da media de España.
A xunta aproba a estratexia de discapacidade ata o ano 2.020, que contempla un investimento de 800 millons de euros. Igualmente aprobou un novo sistema para facilitar solo industrial a novas empresas .
Os empresarios galegos elixirán novo presidente na primeira quincena de xaneiro despois de que o actual, José Manuel Fernández Alvariño se vise forzado a convocar eleccións pola división interna. (05/11/15)
Seguimos con ceos moi grises que durante a mañá foron deixando algunhas chuvias que van ir remitindo. As temperaturas máximas soben algo e mesmo rondarán os 20 graos en moitos puntos. (04/11/15)
A vacina da meninxite B segue a escasear nas farmacias dende que se autorizou a súa venda hai un mes. En moitas acumulan longas listas de pedidos que non poden atender porque os distribuidores apenas lles serven unhas poucas. Véndense con receita aínda que non está incluida no calendario vacinal como piden os pais.
O deputado díscolo do PSOE na Deputación de Lugo Manuel Martínez volveu saltar hoxe a disciplina do seu grupo e votou contra o socio de goberno no organismo provincial, o BNG. Apoiou unha proposta do PP que reduce considerablemente a asignación económica ao grupo nacionalista e o número de asesores.
O conselleiro de educacion ve ben a proposta de pagarlles aos profesores unha parte do soldo en funcion dos resultados do seu traballo, incentivando aos que mais se esforcen. (04/11/15)

O número de parados rexistrados nas Oficinas de emprego aumentou en Galicia, no pasado mes de outubro en 6.355 persoas. Un aumento do 2,95por cento, respecto ao anterior, de setembro.
Xa está en marcha a preparación administrativa dos comicios xerais do 20 de decembro. No Censo constátase que Galicia segue a perder habitantes, pero o número de electores chamados ás urnas aumentou, debido á emigración. A cifra de galegos residentes no estranxeiro increméntase case un 13 e medio por cento respecto ás eleccións de 2011.
O secretario xeral de Pesca agarda que a frota de cerco galega presente unha proposta de reparto das cotas agora que xa as esgotaron. (03/11/15)
O número de parados rexistrados nas Oficinas de emprego aumentou en Galicia, no pasado mes de outubro en 6.355 persoas. Un aumento do 2,95por cento, respecto ao anterior, de setembro. Con respecto a hai un ano, o desemprego reduciuse un 9 por cento, o que supón que hai 21 novecentos parados menos.
Xa está en marcha a preparación administrativa dos comicios xerais do 20 de decembro. No Censo constátase que Galicia segue a perder habitantes, pero o número de electores chamados ás urnas aumentou, debido á emigración.
O secretario xeral de Pesca agarda que a frota de cerco galega presente unha proposta de reparto das cotas agora que xa as esgotaron. (03/11/15)
O xurado do caso Asunta considera culpables a Rosario Porto e Alfonso Basterra, do asasinato da súa filla . O Veredicto de culpabilidade foi feito público esta mañá, logo de que os 9 membros do xurado popular, o aprobaran por unanimidade.
A Garda Civil detivo 9 persoas nunha operacion antiterrorista, contra membros da organizacion "Causa Galiza" , relacionada con Resistencia galega. Están acusadas de enaltecemento do terrorismo . Delas, 4 foron detidas en Vigo, 2 en Pontevedra, e as outras 3 en Santiago, Boiro e Muros.
A Garda Civil busca ao conductor dun coche que circulaba en sentido contrario pola autovía A-6, ao seu paso por Lugo e que causou un accidente e influiu noutro, no que resultou morto o conductor dunha furgoneta e feridas graves outras tres persoas.(30/10/15)
O xurado do caso Asunta considera culpables a Rosario Porto e Alfonso Basterra, do asasinato da súa filla . O Veredicto de culpabilidade foi feito público esta mañá, logo de que os 9 membros do xurado popular, o aprobaran por unanimidade.
A Garda Civil detivo 9 persoas nunha operacion antiterrorista, contra membros da organizacion "Causa Galiza" , relacionada con Resistencia galega. Están acusadas de enaltecemento do terrorismo . Delas, 4 foron detidas en Vigo, 2 en Pontevedra, e as outras 3 en Santiago, Boiro e Muros.
A Garda Civil busca ao conductor dun coche que circulaba en sentido contrario pola autovía A-6, ao seu paso por Lugo e que causou un accidente e influiu noutro, no que resultou morto o conductor dunha furgoneta e feridas graves outras tres persoas. (30/10/15)
O xurado do caso Asunta considera culpables a Rosario Porto e Alfonso Basterra, do asasinato da súa filla .
A Garda Civil detivo 9 persoas nunha operacion antiterrorista, contra membros da organizacion "Causa Galiza" , relacionada con Resistencia galega.
A Garda Civil busca ao conductor dun coche que circulaba en sentido contrario pola autovía A-6, ao seu paso por Lugo e que causou un accidente e influiu noutro. (30/10/15)
A xunta aproba unha declaracion institucional "en defensa do estado das autonomías", porque considera que están en "risco de liquidación" debido ao desafío independentista catalán. A Xunta di que "respaldará a resposta que o Goberno lle dea a este desafío".
Unha muller, de 71 años, morreu en Vigo,ó caer ao baleiro , dende un terceiro andar onde vivía, e logo dunha forte discusión co seu marido, un home de 62 anos que xa foi detido pola policia. Non constaban denuncias previas pero todo parece indicar que se trata dun novo caso de violencia machista.
Un veciño de Vigo morreu intoxicado por comer cogomelos velenosos. A súa muller ingresou no hospital Alvaro Cunqueiro tamén intoxicada porque utilizou para cociñar a mesma tixola pero hoxe foi dada de alta. Outras cinco persoas da comarca de Vigo permanecen hospitalizadas en hospitais de Vigo e Santiago por intoxicación, tras ter consumido cogomelos. (29/10/15)

Seguimos con chuvia sobre todo pola costa oeste onde serán xeralizadas e incluso fortes polas Rías Baixas máis dispersas e debiles polo interior. (29/10/15)
A xunta aproba unha declaracion institucional "en defensa do estado das autonomías", porque considera que están en "risco de liquidación" debido ao desafío independentista catalán.
Unha muller, de 71 años, morreu en Vigo,ó caer ao baleiro , dende un terceiro andar onde vivía, e logo dunha forte discusión co seu marido, un home de 62.
Un veciño de Vigo morreu intoxicado por comer cogomelos velenosos. (29/10/15)
Activado o protocolo por un posible caso de ébola. Ó hospital do Meixoeiro de Vigo foi trasladado un home guineano de 24 anos que acodira a urxencias do hospital da Coruña con síntomas compatibles con esa doenza. Hoxe coñeceranse os resultados das primeiras probas. O venres sería cando se puidese descartar definitivamente e existencia dun caso de ébola.
Confirmase que o neno que faleceu en Boiro padecía meninxite. Ainda sen determinar se foi B ou C . O neno morreu ao pasarlle ao torrente sanguíneo un meningococo, unha bacteria da que moitas persoas son portadoras e que lle provocou a morte en menos de 24 horas
Terceiro día de deliberación para os nove membros do xurado que teñen que decidir sobre a inocencia ou culpabilidade de Rosario Porto e Alfonso Basterra. Levan incomunicados dende a tarde do luns para emitir un veredicto polo asasinato da pequena Asunta. (28/10/15)