Os axentes da policía local lucense protexeron esta mañá a retirada do lixo acumulado nas zonas da cidade declaradas en alerta sanitaria. 700 toneladas amoréanse nas rúas da cidade tras 24 días dunha folga na que nas últimas horas quedaron de novo rotas as negociacións entre a empresario concesionaria do servizo de recolllida // A remodelación do tamaño dos terreos, na concentración parcelaria non se baseará só no seu agrupamento. Dependerá da producción á que se dediquen, segundo firuga no proxecto de lei de estructura agraria, aprobado hoxe polo Consello da Xunta // Acabaron as vacacións para os xogadores do Celta que comezarán a preparar a pretemporada que discorrerá entre Vigo, Marbella e Inglaterra. Na Madroa deulles a benvida o presidente do clube, Xose Mouriño. 03/07/14
Os axentes da policía local lucense protexeron esta mañá a retirada do lixo acumulado nas zonas da cidade declaradas en alerta sanitaria // A remodelación do tamaño dos terreos, na concentración parcelaria non se baseará só no seu agrupamento // Acabaron as vacacións para os xogadores do Celta que comezarán a preparar a pretemporada que discorrerá entre Vigo, Marbella e Inglaterra. 03/07/14
Seguimos avanzando en xullo e o tempo ainda non acaba de ser de verán. Haberá que agardar o inicio da semana que vén cando recuperemos sol e calor. 03/07/14
Galicia foi unhas das comunidades autónomas nas que máis se reduciu o paro no pasado mes de xuño. Descendeu en algo mais de 11 mil persoas, un 4,23%, respecto ao mes anterior. Na media de España o descenso foi do 2,6% // Antes de que remate o ano estará listo o plan estratéxico para o camiño de Santiago para definir novas melloras e obras nesta ruta de peregrinación que acaba de ser distinguida coma un dos embaixadores da marca España pola súa proxección internacional //O expresidente da Deputación de Ourense, José Luis Baltar, recoñece que foi o responsable das contratacións que o levaron a xuízo e polas que, ao inicio da vista, sinalara aos xefes de servizo da institución. Baltar cré que só houbo defectos de forma, na ausencia de publicidade na convocatoria pola que se cubriron 104 prazas. 02/07/14
Galicia foi unhas das comunidades autónomas nas que máis se reduciu o paro no pasado mes de xuño. Descendeu en algo mais de 11 mil persoas, un 4,23%, respecto ao mes anterior. Na media de España o descenso foi do 2,6% // Antes de que remate o ano estará listo o plan estratéxico para o camiño de Santiago para definir novas melloras e obras nesta ruta de peregrinación que acaba de ser distinguida coma un dos embaixadores da marca España pola súa proxección internacional // O expresidente da Deputación de Ourense, José Luis Baltar, recoñece que foi o responsable das contratacións que o levaron a xuízo e polas que, ao inicio da vista, sinalara aos xefes de servizo da institución. Baltar cré que só houbo defectos de forma, na ausencia de publicidade na convocatoria pola que se cubriron 104 prazas. 02/07/14
Galicia foi unhas das comunidades autónomas nas que máis se reduciu o paro no pasado mes de xuño // Antes de que remate o ano estará listo o plan estratéxico para o camiño de Santiago // O expresidente da Deputación de Ourense, José Luis Baltar, recoñece que foi o responsable das contratacións que o levaron a xuízo. 02/07/14
En canto o tempo, temos que falar dunha xornada de ceos anubrados en gran parte da comunidade e de temperaturas sen cambios, frescas para este época do ano. 02/07/14
Rematou hai uns minutos sen acordo, en Lugo, a primeira xeira negociadora entre os representantes dos traballadores e a empresa Urbaser, concesionaria do servizo de recollida do lixo // Día de declaración de testemuñas hoxe no xuízo ao expresidente da Deputación de Ourense, José Luis Baltar, por presuntas prevaricación, por ter saltado a legalidade na contratación de traballadores para o ente provincial // Xuño rematou con nove persoas falecidas nas estradas galegas, son catro máis ca o ano pasado. 01/07/14
Tras 21 dias de folga, nas rúas de Lugo amoréanse cincocentas toneladas de lixo. Os veciños cansos de soportar as incomidades e o mal olor agardan que se desbloque o conflicto gracias ás negociacións que comezaron hoxe // Xuño rematou con nove persoas falecidas nas estradas galegas, son catro máis ca o ano pasado. Cinco das vítimas mortais faleceron despois de bater co seu vehículo e ou máistras catro por saídas de vía // Pescanova inicia hoxe unha nova etapa coa celebración da primeira Xunta de Accionistas, posterior ao convenio de accreedores, pilotado polos bancos, que permitiu á multinacional , sair da situción concursal. 01/07/14
Tras 21 dias de folga nas ruas de Lugo amoreanse cincocentas toneladas de lixo // Xuño rematou con nove persoas falecidas nas estradas galegas, son catro máis ca o ano pasado Pescanova inicia hoxe unha nova etapa coa celebración da Xunta de Accionistas, posterior ao convenio de accreedores. 01/07/14
Hoxe máis do mesmo, máis rúas e campos mollados porque a chuvia veu para quedar varios días. 01/07/14
Comezou na Audiencia Provincial de Ourense, o xuízo contra o expresidente da Deputación por contratar supostamente a dedo a 104 persoas na súa derradeira etapa ao fronte da institución que gobernou durante 22 anos. José Luis Baltar descargou a responsabilidade das contratacións no xefe de persoal e nos responsables dos departamentos // Dezasete imputados e tres testemuñas comparecen hoxe ante a xuíza Pilar de Lara, que instrúe a Operación Pokemon, acusados dun presunto delito de suborno. Entre eles, o alcalde de Ferrol, o tenente de alcalde da Coruña ou ex alcalde de Ourense, Francisco Rodríguez, que se acolleu ao seu dereito a non declarar // Máis de 10.700 persoas votaron esta fin de semana os novos responsables das 63 confrarías de pesca de Galicia. As listas alternativas acadaron maior representación que as oficias e deixaron fóra a históricos patrón maiores coma o de Cambados, Benito Gonzalez, tamén presidente da federación galega de confrarias. 30/06/14
Comezou na Audiencia Provincial de Ourense, o xuízo contra o expresidente da Deputación por contratar supostamente a dedo a 104 persoas na súa derradeira etapa ao fronte da institución que gobernou durante 22 anos. José Luis Baltar descargou a responsabilidade das contratacións no xefe de persoal e nos responsables dos departamentos // Dezasete imputados e tres testemuñas comparecen hoxe ante a xuíza Pilar de Lara, que instrúe a Operación Pokemon, acusados dun presunto delito de suborno. Entre eles, o alcalde de Ferrol, o tenente de alcalde da Coruña ou ex alcalde de Ourense, Francisco Rodríguez, que se acolleu ao seu dereito a non declarar, ao igual que fixeron os responsables de Vendex // Máis de 10.700 persoas votaron esta fin de semana os novos responsables das 63 confrarías de pesca de Galicia. As listas alternativas acadaron maior representación que as oficias. 30/06/14
Comezou na Audiencia Provincial de Ourense, o xuízo contra o expresidente da Deputación, José Luis Baltar // Dezasete imputados e tres testemuñas comparecen hoxe ante a xuíza Pilar de Lara, que instrúe a Operación Pokemon, acusados dun presunto delito de suborno // Máis de 10.700 persoas votaron esta fin de semana os novos responsables das 63 confrarías de pesca de Galicia. 30/06/14
Comezamos semana cos ceos grises que nos deixarán chuvias ao final do día. Esta tarde aumentará máis a nubosidade dende a costa cara o interior. 30/06/14
Abanca, o nome que adoptou o que ata hoxe era NovaGalicia Banco, figura xa nos rótulos das case 700 oficinas que ten o banco en xeral e das que case 600 están na nosa comunidade. O banco, resultante da fusión das antigas caixas de aforros, conta con case 4 mil 700 traballadores e dous millóns de clientes // Xavier Simón, do BNG, cede a alcaldÍa de Arbo ao candidato do PP Horacio Gil, ao prosperar a moción de censura co respaldo de dous independentes. O BNG gobernaba en minoría logo de que os independentes o acusaran de non cederlles a alcaldía, como pactaran. O BNG di que lles ofreceron o bastón de mando pero que o rexeitaran // O Fiscal Xeral do Estado, defende a reducción dos partidos xudiciais, prevista na reforma da Xustiza, aÍnda que recoñeceu a necesidade de conciliala co respecto ás tradicións e necesidades de cada comunidade // O Vicepresidente da Xunta, insiste en que deben seguir manténdose 7 tribunais de instancia e non un só en cada provincia, como prevé o proxecto. 27/06/14
Abanca, o nome que adoptou o que ata hoxe era NovaGalicia Banco, figura xa nos rótulos das case 700 oficinas que ten o banco en xeral e das que case 600 están na nosa comunidade. O banco, resultante da fusión das antigas caixas de aforros, conta con case catro mil setecentos traballadores e dous millóns de clientes // Xavier Simón, do BNG, cede a alcaldía de Arbo ao candidato do PP Horacio Gil, ao prosperar a moción de censura co respaldo de dous independentes. O BNG gobernaba en minoría logo de que os independentes o acusaran de non cederlles a alcaldía, como pactaran. O BNG di que lles ofreceron o bastón de mando pero que o rexeitaran // O Celta presentou este mediodía ó xogador internacional chileno Pablo Hernández. E O lateral zurdo do Sporting, Roberto Canella, reforzará o próximo ano a banda esquerda do Deportivo. 27/06/14
Abanca, o nome que adoptou o que ata hoxe era NovaGalicia Banco, figura xa nos rótulos das case setecentas oficinas da entidade // Xavier Simón, do BNG, cede a alcaldÍa de Arbo ao candidato do PP Horacio Gil, ao prosperar a moción de censura co respaldo de dous independentes // O Celta presentou ao xogador internacional chileno Pablo Hernández. 27/06/14
Nótase xa unha lixeira melloría no tempo que vai manterse e mesmo intensificarse, nas próximas horas nas que medrarán os claros. Unha evolución que se vai ver truncada esta noite, cando está previsto que entre unha nova fronte. 27/06/14
A Xunta non vai solicitar financiamento extraordinario do Fondo de Liquidez do Goberno central, dada a solvencia de Galicia, que fai máis barato financiarse nos mercados ordinarios, segundo Núñez Feijóo. No consello aprobou reforzar os equipos antiincendios contratando 125 brigadas da empresa Seaga // O alcalde de Ourense, Agustín Fernández, declarou no xulgado coma imputado na investigación da presunta adxudicación irregular das obras da rúa Bedoya. Están acusados dun delito de prevaricación os nove concelleiros de PSdeG e BNG que eran membros da Xunta de Goberno no ano 2008, cando as obras foron adxudicadas // A Policía pon en marcha unha operación especial para o verán para previr roubos e incidentes nas zonas de praias e lecer. Tamén patrullarán para evitar delitos de terrorismo e incendios forestais. 26/06/14