O Secretario Xeral dos socialistas galegos, Gómez Besteiro, sometido a una presión cada vez maior polo caso Tomé. Anuncia accións legais contra o programa de televisión que o acusa de desatender ás denunciantes de acoso sexual. O alcalde de Barbadás négase a dimitir tras outra denuncia na canle interna socialista, por suposto acoso laboral | Cando queda apenas unha semana para a noiteboa, abre hoxe na Ría de Arousa a campaña da Vieira, un dos produtos máis aprezados na mesa do nadal. Unha campaña marcada pola escaseza dese marisco. e durará apenas tres días | Profesores de toda Galicia participan en Santiago nunha multitudinaria manifestación, na segunda xornada da folga do Ensino público non Universitario, convocada pola CIG e STEG. A Consellería de Educación rebaixa o seguemento ao 10 por cento | O Deportivo protagoniza outra fazaña do futbol galego na Copa ao derrotar ao Mallorca en Riazor. Un gol do canteirán NOé Carrillo vale a clasificación para oitavos de final
A guerra interna no PSdeG continúa a consecuencia das denuncias de acoso sexual. O Secretario Xeral, Gómez Besteiro. Anuncia accións legais contra o programa de televisión que o acusa de desatender ás denunciantes do Caso Tomé | A só unha semana para o Nadal, este ano escasea un dos mariscos por excelencia: a vieira fresca. Na ría de Arousa arrancou hoxe unha campaña que será a máis curta dos últimos tempos | Cadaleitos, candeas, flores e vestimenta de loito para simular a morte e enterro da educación pública. Docentes de toda Galicia reclamaron así polas rúas de Santiago unha baixada de ratios ou máis profesorado para atender a diversidade | A película Sirat, do galego Oliver Laxe, pasa o primeiro corte na carreira para os Oscar. É precandidata aos premios de Hollywood en cinco categorías | 20.000 rosas LED iluminan o xardín do pazo de San Lourenzo en Santiago. É un proxecto solidario da fundación Andrea para nenos con enfermidades de longa duración, que está correndo polas redes sociais
O Secretario Xeral dos socialistas galegos, Gómez Besteiro, convoca á executiva para afrontar as voces internas que o cuestionan pola xestión do caso Tomé| A só unha semana para o Nadal, este ano escasea un dos mariscos por excelencia: a vieira fresca | O Deportivo protagoniza outra fazaña do futbol galego na Copa ao derrotar ao Mallorca en Riazor | A película Sirat, do galego Oliver Laxe, pasa o primeiro corte na carreira para os Oscar. É precandidata aos premios de Hollywood en cinco categorías | | 20.000 rosas LED iluminan o xardín do pazo de San Lourenzo en Santiago. É un proxecto solidario da fundación Andrea para nenos con enfermidades de longa duración |
Recuperamos transitoriamente a influencia das altas presións. Néboas localmente persistentes en comarcas do interior, e ceos moi abertos no resto, con nubosidade de tipo medio e alto. Co avance da tarde aumentarán as nubes pola metade oeste. As temperaturas mínimas sufriron un lixeiro descenso e os valores máximos ascenden
Escenificación dun enterro do ensino público polas rúas de Vigo, na primeira xornada da folga de todo o profesorado non universitario, convocada pola CIG e STEG, co apoio das Anpas. Piden medidas como a reducción de alumnos por aula, e aumentar os profesores de apoio | Aumenta a polémica entre os socialistas galegos pola denuncia de acoso sexual contra José Tomé na Deputación de Lugo | No Pleno do Parlamento, O secretario xeral Gómez Besteiro defende a sua actuación no caso, que cualificou de contundente, ainda que procurando sobre todo preservar o anonimato da vítima | O 2025 convértese no segundo ano máis cálido dende que hai rexistros no conxunto de Galicia. As elevadas temperaturas confirman os efectos do cambio climático. Iso si, tamén foi lixeiramente máis húmido, segundo o balance da AEMET
O actor Luis Tosar, Galardoado coa medalla de ouro ao mérito das Belas Artes. A distinción acaba de ser concedida polo -goberno Central, xunto a outros artistas como Estrella Morente ou Los Chichos | Primeira xornada da folga o profesorado non universitario, convocada pola CIG e STEG, co apoio das Anpas. Piden redución de alumnos por aula, e aumentar os profesores de apoio | A Consellería de Educación rebaixa o seguimento da folga ao 10 por cento do profesorado | Qué carreira escoller entre as máis de 4.000 titulacións que ofertan as universidades en España. Alumnos dos últimos cursos da Secundaria buscan orientación en salóns como o de Unitour, en Vigo e A Coruña | O Museo de Pontevedra conmemora o centenario do nacemento de José Ruibal, un dos escritores galegos con máis recoñecemento internacional no último terzo do século XX
O actor Luis Tosar, Galardoado coa medalla de ouro ao mérito das Belas Artes | Primeira xornada da folga o profesorado non universitario, convocada pola CIG e STEG, co apoio das Anpas | A Consellería de Educación rebaixa o seguimento da folga ao 10 por cento | Aumenta a polémica entre os socialistas galegos pola denuncia de acoso sexual contra José Tomé na Deputación de Lugo | O 2025 vaise converter no segundo ano máis cálido dende que hai rexistros no conxunto de Galicia. As elevadas temperaturas confirman os efectos do cambio climático | O 2025 convértese no segundo ano máis cálido dende que hai rexistros no conxunto de Galicia, segundo a AEMET
Todo o litoral atlántico en alerta amarela por ondas que poden acadar aos 5 metros con ventos de ata forza 8 na costa da Morte e nas Rías Baixas. Chuvias máis intensas no norte. Día máis frío no que se van ir abrindo máis claros conforme avance a xornada
Primeira vitoria do Celta da competición ligueira en Balaídos ante o Athletic de Bilbao, un rival directo co que acurta distancia na clasificación. Tres puntos que chegan no último partido do ano e que colocan aos vigueses preto dos postos europeos | Aumenta a tensión interna entre os socialistas galegos. Máis de 170 mulleres do partido, encabezadas pola alcaldesa da Coruña, Inés Rey, asinan un manifesto en apoio a sua compañeira Silvia Fraga que dimitíu como secretaria de igualdade. Unha iniciativa para amosar a discrepancia por cómo se xestionou o caso de José Tomé | Os piquetes impiden a saída dos servizos mínimos na nova xornada de Folga do Transporte de viaxeiros por estrada na Provincia da Coruña. Os convocantes falan de seguimento masivo e reclaman un novo convenio con melloras salariais e de condicións de traballo | A una semana do sorteo de Nadal da lotaría, aumentan as vendas nas administracións. Un incremento que se nota especialmente entre os visitantes e tamén nos lugares onde a sorte deixou a sua pegada en anos anteriores
A Xestión interna das denuncias de acoso sexual do presidente da Deputación de Lugo, segue convulsionando o partido socialista de Galicia. Mentres aumentan as voces críticas, sobre todo entre as mulleres, a dirección defende a sua actuación | A un ano de que comece o Xacobeo 2027 o consello da Xunta aproba o plan director de patrocinios | Nova xornada de folga no transporte por estrada da provincia da Coruña. A terceira en 10 días. Os sindicatos convocantes din que o seguemento está sendo maior incluso que os días anteriores | Fíxose agardar pero chegou a primeira vitoria do Celta na Liga en Balaídos. Os vigueses derrotaron ao Athletic de Bilbao por 2 goles a 0 | Queda só unha semana para o sorteo da Lotería de Nadal e as administracións notan un aumento das vendas. Nos lugares onde a sorte xa deixou pegada,
Xa son Máis de 170 as mulleres socialistas, encabezadas pola alcaldesa da Coruña, as que asinan un manifesto en apoio a sua compañeira Silvia Fraga que dimitíu como secretaria de igualdade | Os piquetes impiden a saída dos servizos mínimos na nova xornada de Folga do Transporte de viaxeiros por estrada na Provincia da Coruña | A un ano de que comece o Xacobeo 2027 o consello da Xunta aproba o plan director de patrocinios | Primeira vitoria do Celta da competición ligueira en Balaídos ante o Athletic de Bilbao, un rival directo co que acurta distancia na clasificación
Comeza a semana co paso dunha fronte fría bastante activa. As chuvias, dende u oeste, iranse estendendo a toda da Comunidade nas horas centrais do día. Serán localmente fortes na franxa atlántica, no litoral da Coruña. Xa de noite, chuvascos máis intensos no litoral norte con treboadas e saraiba
José Tomé anuncia a dimisión como presidente da Deputación de Lugo, que formalizará mañá, e pide a baixa no Partido Socialista, polas denuncias de acoso sexual a varias mulleres. Non deixa, en cambio a alcaldía de Monforte nin o escano de deputado provincial | O sector da pesca, pendente da negociación, en Bruxelas, das cotas para o ano que ven, Temen recortes que consideran difíciles de asumir en especies como a xarda, onde a proposta é dun 70 por cento | O sindicato Omega, convocante da folga de Médicos, que chega ao seu terceiro día, di que parte das suas reivindicacións son competencia da Consellería de Sanidade. O conselleiro di que as consultas suspendidas a causa da folga poden chegar ata 70.000 | A creación artística como complemento á terapia tradicional das enfermidades mentais. É unha iniciativa da que forma parte o Hospital Psiquiátrico de Conxo, cunha banda de música formada por pacientes, coa colaboración de artistas consagradas como Guadi Galego ou Sabela Maneiro
José Tomé abandona a presidencia da Deputación de Lugo, e pide a baixa no Partido Socialista, polas denuncias de acoso sexual a varias mulleres, nunha canle interna do partido | A Garda Civil desarticula unha plantación ilegal nunha vivenda en Ames. Incautouse de máis de 2.800 plantas de cannabis que pesaban máis de 300 quilos | O sector pesqueiro galego está pendente do último Consello do ano dos Ministros europeos de Pesca que comeza hoxe en Bruxelas. De entrada, a Comisión propón un recorte, un 70% na cota da xarda | A creación artística como complemento á terapia tradicional das enfermidades mentais. É unha iniciativa da que forma parte o Hospital Psiquiátrico de Conxo, cunha banda de música formada por pacientes
O socialista José Tomé renuncia finalmente á presidencia da Deputación de Lugo tras coñecerse varias denuncias de presunto acoso sexual a mulleres. Seguirá como deputado provincial non adscrito e tamén como alcalde de Monforte, o que abre un escenario incerto para os socialistas | Empeza en Bruxelas a negociación das cotas de pesca para o ano que ven | A Garda Civil desarticula unha plantación ilegal nunha vivenda en Ames, con máis de 2.800 plantas de cannabis | Entrega, na Coruña, dos premios Acampa, que poñen en valor a defensa dos dereitos humanos
Unha nova fronte que trae chuvia chega polo Atlántico, para afectar a toda a comunidade xa de noite. Alertas no litoral da Coruña por ondas de ata cinco metros e no sur de Pontevedra por chuvias que poden descargar ata 15 litros por metro cadrado nunha hora
O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, acusado de acoso sexual, por varias mulleres, de xeito anónimo, a través dunha canle interna do seu partido do PSOE. Tomé compareceu hoxe mesmo para negar ás acusacións | A portavoz nacional do BNG, que goberna co PSOE na Deputación de Lugo pide aos socialistas que retiren a Tomé do cargo | A consellería de Sanidade cifra en máis de 250 as operacións que tiveron que ser canceladas nos hospitais galegos a causa da folga de médicos, que entra hoxe na segunda xornada| As asociacións en defensa da sanidade pública reclaman unha lei para impedir a xestión privada dos hospitais. Destacan o caso de Povisa, de Vigo que pertence ao Grupo Ribera, igual que o hospital de Torrejón, e atende a máis de 110.000 pacientes | A denominación de orixe Ribeiro recupera a variedade de viño tostado. Un produto de complexa elaboración, que require meses de secado. Unha adega de Castrelo de Miño busca pomelo en valor mediante a modalidade de produción ecolóxica
O presidente da deputación de Lugo nega as acusacións de acoso sexual vertidas contra él por varias mulleres, de xeito anómimo, a través dunha canle interna do partido socialista | O BNG, que goberna co PSOE na Deputación de Lugo, reclama que José Tomé abandone o cargo como condición para manter o pacto de goberno | Nova xornada de folga de médicos en centros de saúde e hospitais. Os sindicatos convocantes din que a participación está superar o 80%. A Xunta rebaixa a cifra ao 21% pero recoñece que o impacto está supoñer con máis de 13.000 procedementos cancelados | A denominación de orixe Ribeiro recupera a variedade de viño tostado. Un produto de custosa elaboración, antigamente considerado símbolo de estatus. Unha adega de Castrelo de Miño busca poñer en valor esa tradición, mediante a modalidade de produción ecolóxica
O presidente da deputación de Lugo nega as acusacións de acoso sexual vertidas contra él por varias mulleres | O BNG, que goberna co PSOE na Deputación de Lugo, exixe que José Tomé abandone o cargo | A consellería de Sanidade cifra en máis de 250 as operacións que tiveron que ser canceladas nos hospitais galegos a causa da folga de médicos | Os traballadores do comercio téxtil da provincia da Coruña están de folga. Piden manter o convenio provincial | A denominación de orixe Ribeiro recupera a variedade de viño tostado, de complexa elaboración, con meses de secado
Hoxe quedamos transitoriamente na influencia das altas presións. Bancos de néboa no interior con posibilidade dalgún chuvasco na metade oeste da Comunidade. Co avance da xornada os ceos alternarán nubes e claros. As temperaturas sufren un lixeiro descenso
Citas canceladas en centros de saúde e consultas hospitalarias, na primeira xornada da folga convocada polos sindicatos médicos. A sua principal reivindicación: contar cun estatuto laboral propio para os facultativos. Unha medida que rexeita o Ministerio de Sanidade | A garda civil continúa a investigar o incendio ocurrido nunha vivenda en Palas de Rei, no que unha muller de 51 anos resultou morta por inhalación de fume, e outros cinco familiares feridos. Os bombeiros atribúen o lume a unha mala conexión dás luces de Nadal colocadas na entrada | Satisfacción no sector hostaleiro pola ocupación turística rexistrada durante a ponte festiva en Galicia, que estiman en cerca do 60 por cento. Os visitantes de orixe nacional foron os máis numerosos, coas luces de Nadal de Vigo como reclamo principal | O sorteo coloca ao Athletic de Bilbao comoo rival do Ourense na próxima xornada da Copa do Rei. O Celta medirase co Albacete e o Deportivo co Mallorca