Prisión para o presunto membro de Resistencia Galega, Adrián Mosquera Pazos. Detido con case dous quilos de explosivo e tres artefactos "moi sofisticados" o pasado martes en Ames o xuíz impútalle dous delitos de pertenza a organización criminal e tenencia de explosivos. // José Luis Baltar pide a suspensión temporal de militancia no Partido Popular. O ex presidente da Deputación e o PP de Ourense di que o fai para non danar ao partido. // Con máis de 100 millóns de euros de débeda o Deportivo acaba de solicitar de forma oficial no xulgado acollerse á lei concursal. Todo apunta a que xa mañá podería estar formalmente en suspensión de pagamentos. 10/01/13
José Luis Baltar pide a suspensión temporal de militancia no Partido Popular. O ex presidente da Deputación e o PP de Ourense di que o fai para non danar ao partido, tras ser admitida a trámite unha querela contra el por un suposto delito continuado de prevaricación. // O Partido Popular e Alternativa Popular Galega presentan unha moción de censura contra o alcalde socialista do concello ourensán de Vilamartín de Valdeorras. // A Xunta pon a andar o Consello Galego de Industria, un novo organismo co que tenta darlle pulo ao sector e promover a creación de emprego. // O Celta cae derrotado catro a cero no Bernabeu e queda fóra da Copa nun partido no que non ofreceu a súa mellor cara. // Volven a Pontevedra os ¿Cantos na Maré¿. 10/01/13
José Luis Baltar pide a suspensión temporal de militancia no Partido Popular. // Moción de censura contra o alcalde socialista no concello ourensán de Vilamartín de Valdeorras. // A Xunta pon a andar o Consello Galego de Industria. // O Celta cae derrotado catro a cero no Bernabeu. // Volven os ¿Cantos na Maré¿. 10/01/13
Ceos nubrados e chuvias intermitentes que, a partir do mediodía, irán remitindo e abriranse grandes claros. Vento frouxo do Noroeste, con intervalos de moderado pola mañá na franxa costeira. Temperaturas sen cambios significativos. 10/01/13
Ordenan o embargo do de dous dos ex directivos de Novacaixagalicia. A Audiencia Nacional impón esta medida a Julio Fernández Gayoso e Javier García de Paredes por non ter depositado as fianzas que lles impuxera en novembro na investigación por las indemnizacións millonarias que cobraron ao abandonar a caixa. // A estrada de circunvalación de Noia vai estar aberta ao trafico dentro de un ano. A parte mais complexa, a ponte principal que cruza a ría, de case dous quilómetros, está case rematada. Cando estea en servizo esta variante, evitará que pasen polo casco urbano de Noia dous millóns de vehículos. // A Xunta vai aportar este ano 521.000 euros á Real Academia Galega, para compensar, en parte, a redución á metade do que a institución recibe do estado. O presidente Academia, Xosé Luís Méndez Ferrín, agradece a achega aínda que a considera insuficiente para asegurar o funcionamento normal do organismo. 09/01/13
A estrada de circunvalación de Noia vai estar aberta ao trafico dentro de un ano. Vai ser segundo o previsto, tal como manifestou hoxe o conselleiro de infraestruturas nunha visita. // Comeza o debate parlamentario dos orzamentos da Xunta para este ano. Case 8.500 millóns de euros, 222 menos que os de 2012. // Sae do cárcere Francisco Fernández Liñares, o único dos imputados na operación Pokemon que seguía na cadea. // No xuízo do Prestige volveu hoxe declarar o capitán de Smit Salvage, a compañía holandesa que se encargou do rescate. Dixo que o barco puido terse salvado se fose levado a un porto refuxio. O da Coruña, preferentemente. // O Celta confía nas súas opcións para dar a gran sorpresa da competición de Copa e eliminar o Real Madrid esta noite no Santiago Bernabeu. // Polémica pola regulación da pesca artesanal no Baixo Miño. 09/01/13
A estrada de circunvalación de Noia vai estar aberta ao trafico dentro de un ano. // Comeza o debate parlamentario dos orzamentos da Xunta para este ano. // Sae do cárcere Francisco Fernández Liñares, o único dos imputados na operación Pokemon que seguía na cadea. // No xuízo do Prestige volveu hoxe declarar o capitán de Smit Salvage. // O Celta confía nas súas opcións para dar a gran sorpresa no Santiago Bernabeu. // Polémica pola regulación da pesca artesanal no Baixo Miño. 09/01/13
Ceos grises e chuvias xeneralizadas, con intensidade localmente moderada na provincia de Pontevedra. Vento de compoñente Sur, moderado con momentos fortes no Oeste de A Coruña nas primeiras horas do día e frouxo no resto. Temperaturas mínimas entre lixeiro e moderado ascenso e máximas sen cambios significativos. 09/01/13
Un xuíz de Ourense vai investigar se José Luis Baltar cometeu un suposto delito de prevaricación continuada na contratación de persoal durante a súa derradeira etapa á fronte da Deputación. Considera que hai indicios de que contratou a 104 persoas sen concurso público. O PP cre que é inocente. O PSOE agarda que a investigación desmonte a suposta rede clientelar dos Baltar. // A mítica lura xigante, que por fin lograron filmar no seu medio en Xapón. O biólogo Ángel Guerra, do Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo, colabora co equipo internacional que conseguiu as imaxes. Este tipo de animais aparecen tamén con certa frecuencia nas costas de Galicia. // O brasileiro Paulo Assunçao convértese no segundo reforzo de inverno do Deportivo, tras a entrada do portugués Silvio. Os dous coincidiron no Atlético ata o pasado verán. E o Celta viaxa dentro duns minutos a Madrid para completar a eliminatoria da Copa. Leva renda a favor do partido de Balaídos, pero vai ser difícil. 08/01/13
Un xuíz de Ourense vai investigar se José Luis Baltar cometeu un suposto delito de prevaricación continuada na contratación de persoal durante a súa derradeira etapa á fronte da Deputación. // Volve o xuízo do Prestige tras o parón de Nadal. Un práctico danés que conduciu o petroleiro pouco antes do accidente dixo hoxe na vista oral que o buque estaba en mal estado. // A produción de razas autóctonas galegas, como a vaca cachena, queda sen axudas. A xunta ven de anular a subvención de 2012. // Gran animación nas rúas e comercios, especialmente de calzado, téxtil e grandes almacéns, nestes primeiros días das clásicas rebaixas de xaneiro. // O Deportivo está de estrea. O brasileiro Paulo Assunçao convértese no segundo reforzo do inverno. E o Celta viaxa esta tarde a Madrid para completar a eliminatoria da Copa. // A mítica lura xigante, que por fin lograron filmar no seu medio en Xapón. 08/01/13
Un xuíz de Ourense vai investigar se José Luis Baltar cometeu delito de prevaricación continuada. // Volve o xuízo do Prestige tras o parón de Nadal. // A produción de razas autóctonas galegas, como a vaca cachena, queda sen axudas. // Gran animación nas rúas e comercios nestes primeiros días das rebaixas de xaneiro. // Paulo Assunçao convértese no segundo reforzo do inverno no Deportivo. O Celta viaxa a Madrid para completar a eliminatoria da Copa. // A mítica lura xigante. 08/01/13
Nubes e chuvias na metade Oeste pola tarde. Durante a madrugada e nas primeiras horas da mañá, néboas no interior. Vento de compoñente Sur, moderado no litoral e frouxo no interior. Temperaturas mínimas en moderado ascenso e máximas sen cambios significativos. 08/01/13
O presidente do Goberno Mariano Rajoy condecora ao que fora primeiro presidente da Xunta, Xerardo Fernández Albor. Os dous coincidiron brevemente no goberno galego durante a segunda lexislatura autonómica, con Rajoy coma vicepresidente. O presidente do executivo tamén inaugurou esta mañá o sexto edificio do Museo de Pontevedra, do que dixo que é o mellor museo provincial de España. // Reaccións á imputación do alcalde de Santiago, Ángel Currás, do Partido Popular, na investigación Pokemon sobre presuntas irregularidades na concesión de servizos públicos. // Lotería do Neno: Este ano as ganancias tributarán a Facenda un vinte por cento, cando os premios sexan superiores aos 2.500 euros. 04/01/13
O presidente do Goberno Mariano Rajoy está arestora en Santiago para condecorar coa gran cruz da orde de Isabel a Católica ao que fora presidente da Xunta nos anos oitenta, Xerardo Fernández Albor. // Reaccións á imputación do alcalde de Santiago, Ángel Currás, do Partido Popular, na investigación Pokemon sobre presuntas irregularidades na concesión de servizos públicos. // O portavións Príncipe de Asturias vai chegar dentro de un mes a Ferrol para ser despezado en Navantia. // Lotería do Neno: Este ano as ganancias tributarán a Facenda un vinte por cento, cando os premios sexan superiores aos 2.500 euros. // Volve a Liga, tralo parón de Nadal. O novo adestrador do Deportivo, Domingos Paciencia, estréase mañá en Riazor ante o difícil Málaga, co reto de sacar ó equipo do último posto. 04/01/13
O presidente do Goberno Mariano Rajoy condecora a Xerardo Fernández Albor. // Reaccións á imputación do alcalde de Santiago, Ángel Currás, do na operación Pokemon. // O portavións Príncipe de Asturias vai ser despezado en Ferrol. // Lotería do Neno: Este ano as ganancias tributarán a Facenda. // Volve a Liga, tralo parón de Nadal. O novo adestrador do Deportivo, Domingos Paciencia, estréase mañá en Riazor. 04/01/13
En decembro apuntáronse nas oficinas públicas de emprego de Galicia 2.250 persoas. É a comunidade na que máis subiu o paro durante ese mes. // O fiscal xefe de Ourense presenta unha denuncia contra o ex presidente da deputación José Luis Baltar por un suposto delito de prevaricación na contratación de persoal. Segundo documentación aportada polo PSOE, contratou 200 persoas antes do congreso do PP ourensán para favorecer a elección do seu fillo. // Sae de Ferrol cara Australia o buque Cantabria. Vai estar ao servizo da armada australiana durante case todo o ano, para aforrar os gastos que suporía telo en activo en España. (03/01/13)
Galicia foi a comunidade na que máis subiu o paro en decembro. Medrou en 2.250 persoas. Acabou o ano con 278.700 desempregados. // Paradores da marcha atrás no peche total dos seus establecementos en Ferrol e Verín. A dirección do grupo hoteleiro e os sindicatos chegaron de madrugada a un acordo que tamén rebaixa á metade os despedimentos previstos. // Sae de Ferrol cara Australia o buque Cantabria. Vai estar ao servizo da armada australiana durante case todo o ano, para aforrar os gastos que suporía telo en activo en España. // A Xunta rescindirá as concesións das estacións de autobuses que non estean adecuadamente atendidas. // A Consellería de Sanidade pon en marcha en Santiago un programa piloto para facilitar a comunicación dos pacientes con discapacidade auditiva cos profesionais da saúde. // Cabaliños de mar: Científicos de Vigo logran que sobrevivan nun 80 % en catividade. (03/01/13)
Galicia foi a comunidade na que máis subiu o paro en decembro. // Paradores da marcha atrás no peche total dos seus establecementos en Ferrol e Verín. // Sae de Ferrol cara Australia o buque Cantabria. Vai estar ao servizo da armada australiana durante case todo o ano. // A Xunta rescindirá as concesións das estacións de autobuses que non estean ben atendidas. // A Consellería de Sanidade pon en marcha en Santiago un programa piloto para facilitar a comunicación dos xordos cos profesionais da saúde. // Cabaliños de mar en catividade. (03/01/13)
Ceo moi despexado, con intervalos de nubes altas no Norte e Oeste da comunidade. Vento do Leste, frouxo en xeral, con intervalos de moderado no extremo Norte. Temperaturas en lixeiro ascenso, quedando as máximas en valores altos para a época do ano. (03801/13)
Moitos comercios de Galicia están xa de rebaixas, tentando compensar, en parte, coas vendas de Reis, unha temporada que foi moi frouxa para o sector. Estímase que os galegos imos gastar neste período de ofertas de xaneiro, unha media de 75 euros, un dez por cento menos que nas do ano pasado. // Os Reis Magos tamén falan galego. A Consellería de Cultura edita un libro ilustrado, no que colaboran 26 escritoras, e que vai axudar ás súas maxestades a facer na nosa lingua os seus discursos. // Ismael Santos vai tentar ser o primeiro español en escalar os 82 cumios de máis de 4.000 metros que teñen os Alpes cun fin solidario: buscar cartos para investigar unha vacina contra unha enfermidade mortal que en España sofren 70 nenos. 02/01/13