Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Ceo pouco nubrado ou despexado, con intervalos de nubes baixas na metade Norte que deixarán precipitacións débiles no Norte e Leste de Lugo. A cota de neve situarase nos 300-400 metros, pero con nevadas moi escasas. As temperaturas descenderán, ocasionando a presenza de xeadas no interior e acusada sensación térmica de frío durante o día. 02/02/12

Xunta, concellos, promotores inmobiliarios e bancos xúntanse para poñer no mercado 4.500 vivendas novas das máis de 30.000 que hai sen vender en Galicia. // O presidente do Senado, Pío García Escudero, pon a Galicia como exemplo do que é defender o propio á vez que o que é común a todos os españois. // Protesta do sindicato maioritario do ensino contra a decisión da Xunta de non convocar este ano oposicións para profesores. // Unha obras de rehabilitación no centro de Vigo descobren un arco histórico da cidade ata agora descoñecido. // A Audiencia da Coruña dálles a razón os pais de dous nenos que están sen escolarizar porque eles mesmos se encargan da súa educación. // Roberto Verino abre a edición número 55 da Madrid Fashion Week. 01/02/12

Ceos nubrados con chuvascos, máis intensos durante a madrugada e con tendencia a remitir pola tarde. A cota de neve irá descendendo ata quedar por debaixo dos 800 metros. Ventos frouxos do noroeste pola mañá, cambiando ao nordés pola tarde e aumentando en intensidade no terzo norte, con intervalos fortes no litoral do noroeste de A Coruña. As temperaturas mínimas ascenderán entre lixeira e moderadamente, mentres que as máximas quedarán sen cambios significativos. 01/02/12

Xunta, concellos, promotores inmobiliarios e bancos crean a primeira bolsa de prezo taxado. // O presidente do Senado, Pío García Escudero, visita o Parlamento galego. // Protesta no ensino pola non convocatoria este ano oposicións para profesores. // Unhas obras descobren en Vigo arco histórico. // A Audiencia da Coruña dálles a razón os pais de dous nenos que están sen escolarizar. // Roberto Verino abre a Madrid Fashion Week. 01/02/12

Polémica polo copagamento nos servizos sociais da Xunta e os concellos. // Galicia convértese por segundo ano consecutivo na comunidade española con máis establecementos turísticos de calidade. // Este 2012 vai ser o Ano Galego do Alzheimer. Unhas 50.000 persoas padecen esta enfermidade dexenerativa en Galicia, pero só algo máis da metade están diagnosticadas. // Uns 200 taxistas de Vigo piden, circulando a marcha lenta pola cidade, que o Concello lles reduza a xornada de servizo de 24 a 16 horas. // Polémica en Cambados e en internet, pola iniciativa dunha asociación de comerciantes da vila de convocar un concurso de piropos. 31/01/12

Polémica polo copagamento nos servizos sociais. // Galicia, a comunidade española con máis establecementos turísticos de calidade. // Este 2012 vai ser o Ano Galego do Alzheimer. // Uns 200 taxistas de Vigo piden que o Concello lles reduza a xornada de servizo. // Polémica en Cambados e en internet, por un concurso de piropos. 31/01/12

Ceos anubrados e precipitacións débiles en bisbarras do litoral atlántico que durante a tarde se estenderán cara ao interior. Pola noite, unha fronte deixará chuvias de intensidade moderada. Ventos do sueste, moderados con intervalos fortes no litoral e máis frouxos no interior. As temperaturas mínimas ascenderán de forma moderada, mentres que as máximas non cambiarán de forma significativa. 31/01/12

Protestas dos traballadores de Spanair nos tres aeroportos galegos tras a decisión da compañía aérea de suspender os seus voos. // Salvamento Marítimo amplía ata Cabo Prior a procura do mozo eslovaco e os dous policías desaparecidos na praia do Orzán. // O deputado Francisco Jorquera será o candidato do BNG á presidencia da Xunta e Guillerme Vázquez seguirá como portavoz nacional desta formación política. // Os transplantes de órganos aumentaron en Galicia durante o ano pasado nun 3,4 por cento. Fixéronse 291, dez máis que en 2010. // Boa fin de semana para o fútbol galego... O Deportivo afianza o seu liderado en Segunda tras vencer por 2-1 ao Cartaxena. E o Celta sitúase no terceiro posto da clasificación ao gañarlle ao Girona. En baloncesto, en cambio, o Obradoiro non mellora. Outra derrota, esta vez fronte ao Lagun Aro de San Sebastián. (30/01/12)

Protestas dos traballadores de Spanair nos tres aeroportos de Galicia. // Salvamento Marítimo amplía ata Cabo Prior a procura do mozo eslovaco e os dous policías desaparecidos. // O deputado Francisco Jorquera será o candidato do BNG á presidencia da Xunta. // Os transplantes de órganos aumentaron en Galicia durante o ano pasado nun 3,4 por cento. // O Deportivo afianza o seu liderado en Segunda e o Celta sitúase no terceiro posto da clasificación. (30/01/12)

Ceos pouco anubrados pola mañá, con nubes altas pola tarde. Cara á noite, entrarán polo Atlántico nubes baixas que poderán deixar chuvascos ocasionais no litoral. Temperaturas sen cambios significativos. (30/01/12)

Recuperan o corpo dun policía nacional afogado nunha operación de rescate na praia do Orzán, na Coruña. Seguen desaparecidos outros dous policías e o mozo ao que tentaban rescatar. // EPA: 2011 remata con 240.400 persoas desempregadas en Galicia. Son 36.900 máis ca en 2010. // José Luis Baltar deixa, emocionado, a presidencia da Deputación de Ourense, tras 22 anos no cargo. // Protestas pola perda de empregos no naval da ría de Vigo. Cos grandes estaleiros sen pedidos e en concurso de acredores, os sindicatos consideran que máis que unha crise, o sector está a sufrir una reconversión encuberta. // A idea de instalar no concello do Irixo unha planta de tratamento de lixo que daría servizo ao sur de Galicia ten divididos aos veciños das comarcas do Carballiño e o Deza. 27/01/12

Recuperan o corpo dun policía nacional afogado nunha operación de rescate na praia do Orzán, na Coruña. Seguen desaparecidos outros dous policías e o mozo ao que tentaban rescatar. // 2011 remata con 240.400 persoas desempregadas en Galicia. // José Luis Baltar deixa a presidencia da Deputación de Ourense. // Protestas pola perda de empregos no naval da ría de Vigo. // A idea de instalar no concello do Irixo unha planta de tratamento de lixo que daría servizo ao sur de Galicia divide aos veciños das comarcas do Carballiño e o Deza. 27/01/12

Alternancia de nubes e claros no norte, con chuvascos illados que serán de neve por enriba dos 700-900 metros, e ceos despexados no sur. Vento do nordés, con intensidade moderada no litoral. Temperaturas mínimas en moderado descenso, e as máximas sen cambios. 27/01/12

José Blanco presta declaración, por primeira vez, sobre as acusacións contra el dentro da denominada " Operación Campión". // Acto multitudinario en Pontevedra para arroupar ó xuíz Baltasar Garzón, procesado polas escoitas do caso Gürtel e a investigación dos crimes do franquismo. // A maioría dos comerciantes galegos están decepcionados co nivel de vendas nestas rebaixas. Case un sesenta por cento deles consideran que son peores que as do ano pasado. // Abre o Museo da Cidade da Cultura cun proxecto que deixa ao público crear a súa propia obra. 26/01/12

José Blanco presta declaración sobre as acusacións contra el dentro da Operación Campión. // Acto multitudinario en Pontevedra para arroupar ó xuíz Baltasar Garzón. // A maioría dos comerciantes galegos están decepcionados co nivel de vendas nestas rebaixas. // Abre o Museo da Cidade da Cultura cun proxecto que deixa ao público crear a súa propia obra. 26/01/12

Ceos nubrados con precipitacións intermitentes, máis frecuentes pola mañá e de neve por enriba dos 1.100 metros nas montañas de Lugo e Ourense, baixando a cota aos 900 metros pola tarde. Vento do Norte, moderado no litoral e frouxo no interior. Temperaturas mínimas en ascenso entre lixeiro e moderado, e os valores máximos en moderado descenso. 26/01/12

O presidente da Deputación de Ourense durante 22 anos, José Luis Baltar, deixa a política. // Probablemente será o seu fillo, José Manuel, que xa o sucedeu na presidencia do PP de Ourense hai dous anos, quen herde agora o lugar do seu pai á fronte da Deputación provincial. // Un cemiterio simbólico na praza do Obradoiro, en Santiago, para denunciar a caza do raposo. // Comezan en Valdoviño as obras para baixar o nivel da auga da lagoa da Frouxeira, que desde o Nadal anega medio cento de fincas e os accesos a varias vivendas. (25/01/12)

Ceo pouco nubrado ou despexado á espera dunha fronte que chegará o xoves e que irá achegando nubes durante a tarde pola Costa da Morte. Vento frouxo do Sur, con intervalos de moderado no litoral atlántico. Temperaturas sen cambios significativos. (25/01/12)

José Luis Baltar, deixa a política. // Probablemente será o seu fillo, José Manuel quen herde agora o lugar do seu pai á fronte da Deputación de Ourense. // Un cemiterio simbólico en Santiago para denunciar a caza do raposo. // Comezan en Valdoviño as obras para baixar o nivel da auga da lagoa da Frouxeira. (25/01/12)

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo da a entender que haberá, tamén en Galicia, máis recortes gastos para adaptarse á realidade económica. // A multinacional galega da madeira Finsa presenta un ERE temporal para os 1.300 empregados das súas fábricas de Galicia. // Nova redada en Sevilla contra o contrabando de tabaco que se vende en Galicia. A Axencia Tributaria está intensificando o control nos portos da península a onde chega tabaco de China e doutros países. // O cardeal Rouco Varela ensalzou a figura humana e política de Manuel Fraga nun funeral solemne ao que asistiron os príncipes de Asturias. // Dúas alumnas dun colexio de Rois son seleccionadas entre máis de dous mil aspirantes de 80 países nun concurso sobre posibles experimentos na Estación Espacial Internacional. // Pecha a programación do Teatro Colón da Coruña. (24/01/12)