Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

As obras de retranqueo na viguesa praia de Samil lograron recuperar 5.000 metros cadrados de entorno natural.

O antigo asfalto do paseo transformouse en zonas verdes e o areal gañou superficie.

A intención é devolver a imaxe que a praia tiña nos anos sesenta do século pasado.

O cinema é protagonista esta fin de semana en Cans.

A parroquia do Porriño abre os galpóns á sétima arte.

Roteiros, coloquios e proxeccións transforman a contorna rural da vila pontevedresa.

O desfile de chimpíns polo centro do Porriño e a proxección da pelicula 'La buena hija' con Janet Novás, bailarina e actriz que este ano recibe un chimpín de prata, inaugurou o Festival.

A coruña prepárase para o partido do domingo en Valladolid.

Se gaña o Deportivo ascende á Primeira. Incluso o empate poderíalle valer.

A federación de peñas organiza 14 autobuses para viaxar a Valladolid e A Coruña xa está engalanada coas cores do equipo

O Deportivo agarda voltar á Primeira logo de 8 anos de espera.

Begoña Caamaño publicou o primeiro libro con 45 anos. Defensora desde nena da igualdade e do feminismo fou unha xornalista de rúa.

A súa irmá, Bea Caamaño, achéganos á vida da escritora desde o barrio do Calvario en Vigo. O lugar onde viviu de nena.

Uxía Senlle lembra á que foi unha boa amiga e Ana Romaní, compañeira súa na radio, fálanos da Begoña xornalista.