Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Música, gastronomía, viño e unha paisaxe única é o menú do Festival 17 graos.

Está declarado como o mellor evento musical de pequeno formato de toda a península.

Nesta décima edición ten como cabezas de cartel a Sidoní e aos británicos The Divine Comedy.

A superficie de zonas verdes nas cidades condiciona a calidade de vida. Regulan a temperatura, reducen ruídos e diminúen a contaminación, ademais de axudar ao benestar físico e mental. Un estudio realizado en varias cidades conclúe que Ourense está nos últimos postos en superficie e accesibilidade a espazos verdes mentres que Santiago é un exemplo en positivo.

Este ano cúmprese o 50 aniversario do falecemento de Ramón Otero Pedrayo, considerado o Patriarca das Letras Galegas. Galicia dedícalle este ano a un dos seus grandes referentes, que formou parte da Xeración Nós, do Partido Galeguista e da Editorial Galaxia. Deixa un impresionante legado como literato, pero tamén será lembrado pola súa brillante oratoria.

As altas temperaturas afectan especialmente aos profesionais que traballan ao aire libre. A normativa laboral esixe a súa protección ante a calor extrema, pero os sindicatos denuncian que non todas as empresas aplican as medidas necesarias. Esta mañá CCOO presentou en Ourense unha campaña de prevención. O recomendable é facer descansos á sombra, hidratarse e reducir a xornada. Os sectores máis afectados son o da construcción, xardinería ou recollida de residuos.

A primeira vaga de calor do verán mantén en alerta a media Galicia por temperaturas que poden superar os 36 graos no interior da Coruña, en case toda a provincia de Lugo e no val do Miño en Ourense, onde os termómetros poden acadar os 39 graos. A entrada dunha masa de aire cálido africano é a responsable deste episodio de altas temperaturas, que vai seguir mañá, aínda con máis calor.

Casas illadas, estradas cortadas e ríos desbordados... As intensas treboadas das últimas horas deixaron importantes danos nas comarcas orientais da provincia de Ourense. Esta mañá os veciños non pararon de traballar para limpar a zona. Un dos puntos máis afectados é a aldea da Bouza, no concello de Viana do Bolo, que acumula toneladas de pedras e lama.

As galerías de arte son espazos clave para visibilizar o traballo dos artistas. En Ourense, só quedan tres privadas. Unha delas é a de Mari Carmen Vidal Souto, unha muller octoxenaria que se resiste a pechala, malia a perda de público. A galería está a celebrar o seu trinta aniversario cunha exposición colectiva que reúne medio cento de obras de artistas fieis a este espazo de resiliencia e liberdade. Esta mostra serve tamén de homenaxe a seu irmán, falecido hai cinco anos.  

No centro de educación especial do Pino en Ourense celebran un microconcerto para promover os beneficios da música en directo en persoas con discapacidades psíquicas ou sensoriais.

É a segunda vez que o profesorado do centro sorprende ao alumnado con esta actividade.

O concerto remata cos participantes tocando diferentes instrumentos de percusión en formando un tren musical para favorecer a integración do grupo.

Trátase dun programa da obra social de Abanca que se ofreceu este curso en 24 centros de toda Galicia.